BENESTAR SOCIAL

Segunda xornada do programa "ACTÍVA-T"

10/05/2012

Dez alumnas e alumnos participaron no segundo dos obradoiros encadrados dentro do Programa ACTÍVA-T, organizados polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-SS.SS en colaboración co Centro Social Albergue Juan XXIII". Desta vez o taller levaba por título Elaboración e decoración de doces caseiros.

Leer más

ECONOMÍA

BIC Galicia e o Concello colaboran en dous seminarios para emprendedores

10/05/2012

BIC Galicia colabora coa Concellería de Economía na organización de dous seminarios dirixidos a emprendedores, Creación de proxectos de empresa e Seminario para a motivación emprendedora, que se celebrarán no Cersia, edificio municipal para o desenvolvemento económico da cidade a través do apoio ás empresas e aos emprendedores. Ambos seminarios encádranse dentro do programa Santiago Investors Support.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

Rapaces e maiores de Vite confeccionaron unha singular bandeira europea

10/05/2012

O Centro Sociocultural José Saramago de Vite acolleu unha entrañable actividade interxeneracional, na que rapaces do barrio e persoas maiores compartiron por unhas horas a tarefa de confeccionar conxuntamente a bandeira europea. Para a súa elaboración empregaron madalenas e galletas, que foron decoradas polos propios participantes na actividade.

Leer más
Compartir: