CULTURA

Ars Combinatoria e Germán Díaz protagonizan a segunda xornada do programa musical Semana Santa 2012

04/04/2012

Logo do concerto do coro Vox Stellae na xornada inaugural chega a cita con Ars Combinatoria e Germán Díaz que estarán ás 20:00 e 22:00 horas na xornada do Xoves Santo. Seguimos así co programa musical Semana Santa 2012 que engloba nove concertos que se celebrarán na igrexa da Universidade, agás un que será no Auditorio de Galicia. Celébrase do 4 ao 8 de abril, e presenta unha ampla variedade musical, indo desde a época medieval ata o Barroco con algunha incursión no Romanticismo e no século XX . Todos...

Leer más

FACENDA

A concelleira de Facenda reitera que o plan de axuste era "obrigatorio" e que conta con todos os informes técnicos favorables

04/04/2012

A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, reiterou en rolda de prensa que o plan de axuste é "obrigatorio para todos os concellos que non son capaces de pagar o que se lles debía aos provedores a 31 de decembro 2011" e que, polo tanto, remitiron a certificación de obrigas pendentes de pago a esa data ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, tal como marca o Real Decreto Lei 4/2012. É consciente de que o crédito, a pagar no período 2012-2020 será "gravoso" para o Concello, pero...

Leer más
Compartir: