CULTURA

Luis Piedrahita presenta "El castellano es un idioma loable lo hable quien lo hable"

24/04/2012

Luis Piedrahita chega a Compostela para presentar El castellano es un idioma loable lo hable quien lo hable dentro do ciclo Falabaratos. Ao esgotarse as entradas para as función previstas o mércores 25 e o xoves 26 ás 21:00 horas, engadiuse unha nova o mesmo xoves ás 23:00 horas. Así, poden aínda mercarse entradas para a nova función a un prezo de 18 € (butaca, platea e primeira planta); 15 € (segunda planta) e 12 € (anfiteatro) en Novagaliciabanco e na billeteira do Teatro Principal. Despois de Piedrahita estarán no...

Leer más

MEDIO RURAL

O Concello aborda unha revisión integral das pistas do rural compostelán

24/04/2012

O concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, deu conta do Proxecto Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural, aprobado en Xunta de Goberno e que permitirá acometer unha "revisión integral" das pistas asfaltadas das 21 parroquias dos rural compostelán. Destinaranse 104.385 euros a estas actuacións, realizadas en cooperación coa Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia.

Leer más

CULTURA

Filhartrompía Quartet inaugura o ciclo Música de Cámara no Auditorio de Galicia

24/04/2012

O novo ciclo da concellería de Cultura, Música de Cámara comeza o mércores 25 cun concerto de Filhartrompía Quartet. Será ás 20:30 horas na Sala Mozart do Auditorio e as entradas, a 6 € (30 € para todo o ciclo), poden mercarse na billeteira do Principal de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas e na do Auditorio o día do concerto a partir das 18:00 horas. Despois deste concerto, poderemos escoitar neste ciclo a Airas Ensemble, Sonatas á Italiana, Omega Brass Ensemble, Trío Pifa e Pamina Trío.

Leer más

EDUCACIÓN

O Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela acolle un obradoiro sobre a cultura castrexa a través dos obxectos

24/04/2012

A Unidade de Cultura Científica do Instituto de Ciencias do Patrimonio organiza o obradoiro de cerámica "A cultura castrexa a través dos obxectos". A Concellería de Educación colabora con esta proposta, que se desenvolverá o mércores 24 de abril, de 16:00 a 18:30 horas no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela. Actuarán como relatores Yolanda Porto, Beatriz Gómez-Arribas.

Leer más
Compartir: