CULTURA

Compostela Rock continúa con Corizonas, Diamond Dogs, Cooper e Mark Lanegan

27/01/2012

Compostela Rock, nova aposta da Concellaría de Cultura, inaugurouse o sábado 14 de xaneiro cos irlandeses The Answer, na Sala Capitol. O concerto foi un éxito e máis de 500 persoas gozaron da banda, elixida por AC/DC como teloneiros na súa última xira mundial, que chegaba a Compostela para dar o único concerto en Galicia. O ciclo continua agora con Corizonas, Diamond Dogs+Sugar Mountain, Cooper e Mark Lanegan+Creature with The Atom Brain, e xa en maio con Toy Dolls e Leiva. Todos na Sala Capitol.

Leer más

SEGURIDADE CIDADÁ

Balance policial da noite do xoves

27/01/2012

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez Aldrey deu conta do balance policial da madrugada do xoves ao venres, na que houbo unha presenza masiva de mozos e mozas nas rúas compostelás. Resaltou como danos máis importantes o arrincado de varias palmeiras e plantas do espazo axardinado da costa das Camelias –xa repostas- e a rotura de espellos a cinco vehículos.

Leer más
Compartir: