PLENO

Aprobados os cambios na ordenanza reguladora do estacionamento de residentes

26/01/2012

A Corporación deu o visto bo inicial á modificación da ordenanza do sistema de ordenación e regulación do servizo da ORA e do estacionamento de residentes, cos votos favorables do grupo de Goberno, o negativo de PSdeG-PSOE e a abstención do BNG. A norma, tal como explicou o concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Tráfico, Albino Vázquez, contén como principal novidade que os residentes empadroados na cidade terán a posibilidade de estacionar nas zonas verdes coa súa tarxeta de residente por municipio,...

Leer más

DEPORTES

Cita coa esgrima no pavillón de Pontepedriña

26/01/2012

O pavillón polideportivo de Pontepedriña acolle o sábado 28 e o domingo 29 de xaneiro o VI Trofeo Compostela Esgrima. Entre 150 e 180 deportistas daranse cita neste torneo, que inclúe o Ranking Galego de Espada (en categorías absoluta e para menores de 15 anos) e o Ranking Nacional de Veteranos (en espada e florete).

Leer más

PLENO

O Concello regula os espazos e as características estéticas das terrazas

26/01/2012

Na sesión ordinaria de xaneiro do Pleno municipal aprobouse inicialmente a nova ordenanza municipal reguladora das terrazas e quioscos de hostalería. Tamén se cambiou a norma reguladora do servizo de axuda no fogar e deuse o visto bo inicial ao regulamento do Consello Sectorial de Familia, Benestar Social e Igualdade.

Leer más
Compartir: