MEDIO RURAL

A Concellería de Medio Rural acomete de maneira urxente a primeira fase de limpeza das cunetas en parroquias e barrios

23/08/2011

A Concellería de Medio Rural procedeu xa e de maneira urxente á primeira fase de desbroce das cunetas das pistas asfaltadas das parroquias e barrios composteláns. As beneficiadas inicialmente foron as parroquias de Figueiras, Grixoa, Marrozos, Cesar, Laraño e Aríns, así coma o barrio de Sar. Estes traballos estenderanse a partir deste mesmo martes a San Paio e ás parroquias da Peregrina, Santa Cristina de Fecha e A Gracia, ademais dos barrios de Conxo, Vite, Guadalupe e Meixonfrío.

Leer más

ALCALDÍA

Compromiso de colaboración entre o Concello de Santiago e a USC

23/08/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, na que foi a primeira visita institucional deste ao Concello dende a toma de posesión da nova Corporación. Alcalde e reitor repasaron algúns dos temas que afectan ao presente e futuro da institución académica.

Leer más

CULTURA

Cabaré-teatro, cinema e o último concerto do Feito a Man na xornada do mércores 24

23/08/2011

Na xornada do mércores 24, Gayo-Pinheiro presentan Área de descanso na praza da Oliveira a partir das 20:00 horas (se chove será no Teatro principal) e, ás 22:00 horas, poderemos ver na ruela de Xerusalén Camino a Nahr Al Bared de AMAL. Ademais, Feito a Man chega ao seu fin con Noites en Cervantes: Sons da Cidade Vella, no que poderemos ver, ás 21:00 horas, a Lobalú+Aline Frazão trío+Aquarela do Brasil.

Leer más
Compartir: