CULTURA

Música tradicional e antiga para pechar a segunda semana do Festival dos Abrazos

19/08/2011

Dous concertos pechan este sábado a segunda semana de programación do festival: ás 20:00 horas, na praza de Fonseca temos unha cita coa música tradicional de Ruote (se chove será no Teatro Principal) e, ás 21:00 horas, na igrexa da Universidade, coa música antiga de Concordi Musici. O luns 22 haberá actividade infantil cos Trogloditas de Tanxarina na Alameda ás18:00 horas (se chove tamén será no Principal) e dous concertos de Feito a Man: Es un Arbol en Tras Salomé, ás 20:00 h., e Coralie...

Leer más

CONSORCIO

O Compostela Organum Festival programa seis concertos no seu ciclo de verán

19/08/2011

O ciclo de verán do Compostela Organum Festival, organizado polo Consorcio da Cidade de Santiago, dará comezo o martes 23 de agosto, cunha serie de seis concertos que se celebrarán ata o día 28 deste mes en diversas igrexas da capital galega. Entre os organistas que participarán destacan Bruno Forst, Vicent Bru, Ignasi Jordá, Esteban Landart, Ana Aguado e Andrés Cea Galán.

Leer más

ALCALDÍA

O IES Rosalía de Castro remodela a fachada e os seus teitos de madeira

19/08/2011

O concelleiro de Educación, Ángel Currás, acompañou o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, na visita que este realizou ao IES Rosalía de Castro para dar conta da evolución das obras que se están a desenvolver neste instituto compostelán no marco do Plan Director para mellorar as súas instalacións.

Leer más

ALCALDÍA

Un ano máis lembrando a Ánxel Casal

19/08/2011

No ano no que se cumpren 75 anos da aparición do seu corpo en Cacheiras (Teo), celebrouse a tradicional homenaxe a Ánxel Casal ao pé do monolito que lembra ao que fora alcalde de Santiago.

Leer más
Compartir: