CULTURA

A Fundación Granell estrea un novo espazo

28/07/2011

Inaugurouse na Fundación Eugenio Granell un novo espazo: a Sala Lucernario. Trátase dunha nova estancia deseñada interiormente polo arquitecto Marcos Zacarías. A proposta complétase coa colocación da peza Árbol 32, que o artista Xurxo Oro Claro doou especificamente para este espazo.

Leer más

CONSORCIO

A Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia queda vinculada á Universidade de Santiago grazas a un convenio co Consorcio

28/07/2011

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Xerardo Conde Roa, e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, asinaron un convenio para a vinculación da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia á Universidade. Este acordo vai supoñer un importante impulso aos estudos superiores en materia de práctica orquestral que se desenvolven na Escola, asociada dende o seu inicio á Real Filharmonía de Galicia.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello de Santiago e a Secretaría Xeral de Emigración asinan un convenio para o funcionamento da UAMI

28/07/2011

O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, asinaron un convenio de colaboración para financiar a Unidade de Atención a Migrantes (UAMI). En virtude do mesmo, o organismo autonómico achega 50.000 euros para a provisión de persoal do devandito centro, sendo a contribución municipal doutros 20.000 euros.

Leer más

FESTAS

Éxito de participación no Día do Neno

28/07/2011

Os máis pequenos disfrutaron de todas as actividades programadas para o Día do Neno, dentro da programación das Festas do Apóstolo. Foi unha intensa tarde de xogos, inchables, animación, teatro e karts.

Leer más
Compartir: