EDUCACIÓN

A Alameda acolle unha exposición sobre a cultura rural e o desenvolvemento sostible

04/11/2011

Do 4 de novembro ao 2 de decembro de 2011 pode verse na Alameda de Santiago a exposición Atalantar: da cultura rural ao desenvolvemento sostible, organizada por Lunwerg Editores, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural, Medio Mariño e o Concello de Santiago, a través do Departamento de Educación. O acto de inauguración estivo presidido polo concelleiro Ángel Currás e por Joaquim Corbera, da Editorial Lunwerg, e nel participaron escolares do CEIP López Ferreiro, IES Rosalía de Castro e do centro...

Leer más

CULTURA

Aitana Sánchez-Gijón e Jorge Drexler, premios Cineuropa na súa XXV edición

04/11/2011

O festival comeza o 9 de novembro e ofrecerá máis de 150 filmes ata o 2 de decembro en diferentes seccións como vén sendo habitual. As entradas están xa á venta na web http://entradas.novacaixagalicia.es ou no 902 43 44 43 e desde o primeiro día do Festival tamén se poderán mercar no Teatro Principal. A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá o día 11 un concerto especial no Auditorio de Galicia con música de Shostakovich sobre imaxes de "A Nova Babilonia". O concerto será de balde, ao...

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Convócase o Premio Manuel Beiras, que recoñece o esforzo normalizador de empresas da cidade no uso da lingua galega

04/11/2011

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación e o Concello de Santiago de Compostela presentaron a décimosegunda edición do Premio Manuel Beiras. No acto estiveron presentes o presidente da Cámara, Jesús Asorey; e o concelleiro de Cultura, Ángel Currás; ademais da secretaria xeral da Cámara, Filomena Casal, e o adxunto Fernando Barros. Este premio, organizado nesta ocasión pola entidade cameral, trata de recoñecer o esforzo que realizan as empresas do municipio no proceso de normalización do uso da lingua...

Leer más

EMPREGO

A I Feira Internacional de Emprego clausúrase con grande éxito de participación

04/11/2011

Tras dúas intensas xornadas de actividade, a I Feira Internacional de Emprego pechou hoxe as súas portas cun importante número de participantes e visitantes. Arredor de 2500 persoas acudiron nestes dous días en horario ininterrompido ao Multiusos Fontes do Sar, recinto onde se celebraron os procesos de selección concertados e onde se desenvolveu o programa de conferencias e obradoiros gratuítos relacionados co sector laboral. O alcalde, Xerardo Conde Roa, foi o encargado de clausurar o evento.

Leer más
Compartir: