ALCALDÍA

O alcalde avoga por traballar para que Lavacolla se posicione como a mellor alternativa de transporte nacional e internacional

26/10/2011

O rexedor compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugurou as xornadas aeroportuarias que organizan conxuntamente o Concello e a Cámara de Comercio e que teñen por obxectivo coñecer o funcionamento do sistema aeroportuario galego e, especialmente, as novas potencialidades do aeroporto de Lavacolla, trala entrada en funcionamento a pasada semana da nova terminal. As conferencias están dirixidas aos empresarios de Compostela e comarca e ao público en xeral.

Leer más
Compartir: