CONGRESO DE URBANISMO
"O urbanismo converteuse nunha alternativa de investimento"
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, foi o encargado de inaugurar o I Congreso Internacional de Territorio e Urbanismo. O encontro reúne en Compostela durante tres días a expertos de distintas disciplinas para debater sobre a planificación do territorio.
TURISMO
Lavacolla lidera por terceiro mes consecutivo o crecemento do baixo custe en España
O aeroporto compostelán encabeza as estatísticas do Instituto de Estudios Turísticos da Secretaría General de Turismo sobre o desenvolvemento das liñas aéreas de nova xeración en España, con promedios de crecemento do 104,7%, 132,2% e 185,8% en agosto, setembro e outubro respectivamente.
INFRAESTRUTURAS
Santiago verá melloradas as infraestruturas que a unen co norte da provincia da Coruña
A Comisión de Infraestruturas da Deputación da Coruña informou favorablemente, e por unanimidade, sobre dous proxectos que buscan a mellora da rede de infraestruturas viarias que une a cidade compostelá cos concellos do norte da provincia coruñesa.
TRANSPORTE
Os aparcadoiros de Xoán XXIII e de Belvís cobrarán por minuto en 2007
O concelleiro de Transportes, Xaquín Fernández Leiceaga, anunciou en rolda de prensa que as tarifas nos aparcadoiros de Xoán XXIII e Belvís, que xestionará TUSSA no ano 2007, comezarán a aplicar o sistema tarifario por minuto.
SANIDADE
O Diagnóstico de saúde do municipio de Santiago revela que os condicionantes son bastante positivos
A concelleira de Sanidade, Elvira Cienfuegos, vén de presentar un avance do diagnóstico de saúde do municipio compostelán, un documento aberto, elaborado por un grupo de expertos da USC mercé a un convenio entre o Concello e a institución universitaria.