IGUALDADE

Reactívase Territorio das Mulleres e póñense en marcha dous programas educativos sobre igualdade

04/05/2021

A concelleira de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, presentou hoxe a reactivación do proxecto Territorio das Mulleres, o paraugas institucional baixo o que se desenvolverán, durante os próximos 14 meses, campañas, programas, festas e obradoiros en espazos abertos. Este programa é un dos tres piares sobre o que se asentan as políticas de igualdade do Concello de Santiago.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

MAÑÁS DE VERÁN E DE XOGO

04/05/2021

A Rede de Centros Socioculturais do concello de Santiago ofrece nas mañás do mes de xullo un conxunto de actividades de lecer, socioculturais e recreativas que forman parte do programa Vive o verán. Están destinadas a nenos e nenas de Santiago e desenvolveranse en diversos centros da cidade e tamén en centros das parroquias do rural.

PRAZO DE PREINSCRICIÓN: do 4 ao 22 de maio nos centros socioculturais, en horario de 10 a 14h e 17 a 21h ou enviando
a ficha de preinscrición cuberta ao correo electrónico:

Leer más

EDUCACIÓN

OBRADOIROS NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DE CONXO, AS FONTIÑAS E MEIXONFRÍO-SALGUEIRIÑOS

04/05/2021

Os obradoiros teñen como obxectivo axudar ás familias a conciliar a vida familiar, laboral e persoal nos períodos extraescolares. Así as escolas infantís municipais convértense nun lugar de encontro para nenos/as do segundo ciclo de Educación Infantil e Primeiro ciclo de Primaria cunha proposta diferente e lúdica, rompendo coa rutina do curso escolar e ofertando unha serie de actividades ós máis pequenos/as que permitan ás súas familias seguir cumprindo cos compromisos laborais.

Leer más

ALCALDÍA

Recepción ao embaixador de Suíza

04/05/2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi o embaixador de Suíza en España, Hanspeter Mock, que asinou no Libro de Ouro do Concello.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno local aproba a adxudicación das obras de acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño para usos polivalentes

03/05/2021

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe adxudicación das obras incluidas no proxecto "Execución das obras de acondicionamento do campo da festa do Castiñeiriño para usos polivalentes", a favor da empresa "Balance. Obras y Servicios SL.", por un importe de 335.474,56 euros, IVE engadido. Segundo explico o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, esta actuación está incluída no remanente de 2019. O prazo de execución é de cinco meses.

Leer más

EDUCACIÓN

SERVIZOS DE COMEDOR E MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

01/05/2021

APERTURA DOS PRAZOS DE MATRÍCULA NOS SERVIZOS DE COMEDOR E DE MADRUGADORES NA REDE DE CENTROS PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA PARA O CURSO 2023-2024

O Concello de Santiago de Compostela vén de aprobar os prazos de matrícula nos servizos de comedores e madrugadores nos seguintes centros de ensino públicos: Apostólo Santiago, Quiroga Palacios, As Fontiñas, Roxos-Villestro, Vite, Mestre Rodríguez Xixirei (Lavacolla), Monte dos Postes, Raíña Fabiola,...

Leer más

PERSOAL

Publicada no BOP a convocatoria de 37 prazas de promoción interna, incluidas nas ofertas de emprego do Concello de Santiago dos anos 2018, 2019 e 2020

01/05/2021

O BOP da provincia da Coruña do 28 de abril de 2021 publica as bases específicas da convocatoria de distintas prazas de promoción interna, incluidas nas ofertas de emprego do Concello de Santiago dos anos 2018, 2019 e 2020. O proceso de presentación de solicitudes abrirase ao día seguinte á súa publicación no BOE.

Leer más
Compartir: