ALCALDÍA
O alcalde salienta que a tecnoloxía da nova EDAR garantirá "o maior e mellor nivel de depuración"
Xosé Sánchez Bugallo referiuse este venres en rolda de prensa á nova depuradora de Santiago, cuxa contrato para a redacción do proxecto construtivo, execución, posta en marcha e explotación foi adxudicado o pasado 24 de xuño polo Consello de Administración de ACUAES por 55,9 millóns de euros.
POLÍTICAS DE IGUALDADE
O programa "Reencontros nas parroquias" finaliza cun encontro das mulleres que participaron nas distintas actividades
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e os concelleiros de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, e de Medio Rural, José Manuel Pichel, asistiron esta tarde ao "III Encontro de mulleres do rural" que celebrará no campo da festa de Figueiras, e no que estarán presentes as participantes do programa "Reencontros nas parroquias".
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Venres de contacontos e xogos na Alameda de Santiago co programa Vive o Verán 2021
A rede de Centros Socioculturais programou para este venres, 2 de xullo, unha nova xornada de xogos no Paseo da Ferradura, no marco do programa Vive o Verán 2021. As actividades comezarán ás cinco da tarde; e rematarán ás oito cun espectáculo de contacontos e clown: "A verdadeira historia de Hamelín con Moc Moc-Re-Clown".
SEGURIDADE CIDADÁ
A Alameda acolle unha exposición que conmemora os 25 anos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muiños; os voceiros dos grupos municipais; e a xefa de Protección Civil, Begoña del Río; visitaron esta mañá no paseo central da Alameda a exposición que recolle as instantáneas máis salientables dos 25 anos de vida da Agrupación de Santiago.
COMERCIO
Sabor a Artesanía encherá de artesanía, gastronomía e música o Pazo de San Lourenzo este sábado 3 e domingo 4 de xullo
O Concello de Santiago de Compostela a través da Área de Comercio, Artesanía de Galicia e Gadis patrocinan esta iniciativa na que participan 33 marcas creativas, artesanais e enogastronómicas. Ademais da feira, o evento contará con concertos, sesións DJ e obradoiros de artesanía en palla trenzada.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller asasinada onte en Barbastro (Huesca), vítima da violencia machista.
ACCIÓN CULTURAL
Colapso Colectivo presenta ‘Colapsoloxías’, residencia no Auditorio de Galicia, centrada na experimentación e na creación sonora
O director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, presentou esta mañá, na Casa do Concello, ‘Colapsoloxías’, acompañado de Xoán Xil, Pablo Iglesias e Lorena Durán, integrantes do Colectivo Colapso, entidade que organiza o evento. Trátase dunha residencia colectiva centrada na experimentación e na creación sonora, que se celebrará do 2 de xullo ao 15 de agosto no Auditorio de Galicia e espazos exteriores da cidade.
EDUCACIÓN
O alumando das escolas infantís municipais participou en senllos simulacros de evacuación de emerxencia coa Policía Local, os Bombeiros e Protección Civil
O alumnado das Escolas Infantís Municipais de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, realizou, esta semana, senllos simulacros de evacuación de emerxencia; nos que tamén participaron membros da Policía Local, dos Bombeiros e de Protección Civil.