BENESTAR SOCIAL
O Concello achega 6.600 euros á asociación de axuda a enfermos de Alzheimer AGADEA
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a representante da Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer, María Isabel Gey Pérez, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal realizará unha achega de 6.600 euros para colaborar coas actividades da asociación.
CURTOCIRCUÍTO
Achégase a gala final de CurtoCircuíto, precedida de obradoiros e dun mercado internacional
A recta final de CurtoCircuito’06 vén chea de actividades, que conducirá á gala de entrega de premios, que se celebrará o sábado 21 de outubro. Un mercado internacional, diversos obradoiros e a proxección das 95 curtas seleccionadas forman parte dun completo programa entre o 16 e o 21 de outubro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica acorda cos medios de comunicación locais descontos en publicidade para os comercios de Compostela
A Concellaría de Promoción Económica e Comercio asinou un convenio cos medios de comunicación locais para que os establecementos da cidade poidan insertar neles a súa publicidade en condicións máis vantaxosas.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música dá a coñecer a súa oferta
Co inicio do novo curso, a Escola Municipal de Música realiza unha campaña para dar a coñecer aos rapaces da cidade a oferta do centro e animar a máis matriculacións. Por este motivo, durante a semana vindeira, haberá unha serie de pequenos concertos nos institutos de educación secundaria e nos centros de primaria.
TRANSPORTE
Renóvanse vinte novas marquesiñas no rural
A empresa TUSSA continúa coa renovación dun total de sesenta marquesiñas nas zonas rurais de Santiago de Compostela, a razón de vinte marquesiñas por ano. As vinte estreadas agora súmanse ás vinte do pasado ano. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou na colocación da primeira destas marquesiñas en Escarabuñas, na Gracia.
SEGURIDADE CIDADÁ
A Policía local de Santiago resolve en 48 horas o caso do condutor temerario
Un vehículo alugado provocou unha situación de perigo o pasado domingo na cidade ao conducir a grande velocidade por varias rúas compostelás, danando o mobiliario urbano e atravesando beirarrúas e zonas de paso peonil. O corpo da Policía local de Santiago conseguiu resolver o caso en 48 horas, identificando ao condutor do vehículo e pechando as dilixencias oportunas, que están agora en mans da Xustiza.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recalca a proximidade ás casas da maioría dos incendios deste verán
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, compareceu ante a Comisión de Estudo sobre o lume no Parlamento galego, onde explicou as circunstancias da vaga de lume que asolou o municipio durante o mes de agosto. En particular, destacou o feito de que a maioría dos lumes e produciran preto das casas e o ritmo de incendios, máis de cinco diarios nas xornadas máis intensas.
CULTURA
Obradoiros para aprender as artes do Novo Circo
Un total de 10 obradoiros municipais permitirán a nenos e maiores iniciarse e achegarse a diferentes disciplinas do Novo Circo. O evento está organizado pola Concellería de Cultura, en convenio con Pista Catro.
ALCALDÍA
Compostela achégase á ciencia
O Nóbel de Medicina Torsten Wiesel pasou por Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Alí falaron de ciencia e da conferencia que pouco despois ía pronunciar sobre "Santiago Ramón y Cajal and Modern Brain Science". O Libro de Honra do Concello xa ten a súa ilustre sinatura.
ALCALDÍA
O Concello reafirma a súa adhesión ao Ano da Memoria
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente da Fundación 10 de Marzo, Manuel Vilares Creo, e a outros integrantes desta entidade. Na xuntanza falaron sobre as distintas actividades que a Fundación organiza e nas que o Concello colabora, especialmente neste Ano da Memoria.