ALCALDÍA
A Facultade de Física celebra o seu XXV aniversario
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á decana da Facultade de Física da USC, María Ángeles López Agüera.
EDUCACIÓN
A escola infantil de San Roque estará en funcionamento no curso 2007-2008
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, visitaron as obras da Escola Infantil de San Roque. Os traballos avanzan a bo ritmo, co obxectivo de que o centro estea listo para o curso 2007-2008.
TURISMO
Medra cinco puntos a ocupación hoteleira e aumentan nun 16% as pernoctacións de abril
As cifras subministradas pola Asociación de Hostalería de Santiago indican que a ocupación hoteleira de abril do 2007 supera en cinco puntos porcentuais ao do ano 2006. Ademais, as 86.610 pernoctacións neste período representan 11.909 noites máis que no mesmo mes do 2006.
BENESTAR SOCIAL
Avanzan segundo o previsto as obras na nova sede de Benestar Social
Seguen a bo ritmo as obras de construción do que será o novo edificio que albergará as dependencias de Benestar Social e Muller. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou esta tarde o complexo, acompañado da concelleira de Benestar Social, Muller e UMAD, Adelaida Negreira.
INFRAESTRUTURAS
Unha nova autovía entre Padrón e Sigueiro absorberá boa parte do tráfico que agora atravesa a cidade
Os alcaldes de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; Ames, Carlos Fernández; e Oroso, Manuel Mirás; ademais do parlamentario Ceferino Díaz, anunciaron a posta en marcha do proxecto para construír unha autovía de 35 quilómetros, que enlazará Oroso con Padrón. Esta obra suporá un considerable alivio de tráfico, especialmente do pesado, para estes tres concellos. O seu custo estímase nuns 122 millóns de euros.
CIRCULACIÓN
Novo paso de peóns semafórico e controis de velocidade para San Marcos
O Goberno local aprobou a instalación e a adxudicación de controis de velocidade de paso e dun paso de peóns regulado por semáforos na travesía de San Marcos. Investiranse 25.666 euros nunha actuación que pretende dotar de maiores condicións de seguridade a esta vía, que transcorre entre un bo número de vivendas en diversos tramos.
MEDIO AMBIENTE
Carballos e educación ambiental para recuperar o monte
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director de Acción Social de Caixa Galicia, José M. García Iglesias, realizaron una plantación de carballos no Parque Eugenio Granell, con motivo da "Operación Carballo" que realiza esta entidade bancaria en toda a comunidade autónoma. Esta actividade, na que tamén participaron os alumnos do IES de Cacheiras, foi aproveitada para presentar o "Recorrido saudable", que o Concello construíu na zona para os maiores.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nacen catro novas empresas no marco do programa Equal Compostela Social
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou catro novas empresas xurdidas no marco de Equal Compostela Social. Son: Artefacto Producciones Audiovisuales, centrada na produción audiovisual, a tenda de produtos ecolóxicos Biotica da Sorela, o centro de estética Saúde e Beleza e Urbana Express, dedicada a servizos de mensaxería urxente. A estas catro empresas hai que engadir outra nova que abriu o luns 7 de maio as súas portas: a tenda de moda e complementos para muller Zoe. A través deste...
DEPORTES
As entidades deportivas da cidade repartiranse 70.000 euros para actividades puntuais
A Concellaría de Deportes destinará 70.000 euros aos clubs ou entidades que pretendan realizar actividades puntuais ao longo de 2007. A Xunta de Goberno aprobou as bases desta convocatoria, cuxo prazo de solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro.
FESTAS
Máis de 330.000 euros para as festas da Ascensión
A Xunta de Goberno local aprobou o orzamento das festas da Ascensión 2007, por un importe de 332.366 euros.