ALCALDÍA
O Concello impulsa dúas liñas de telecabinas para unir a Cidade da Cultura coa estación do AVE e co casco histórico
O alcalde compostelán, presentou a proposta municipal para por en marcha dúas liñas de telecabinas aéreas que unirían a Cidade da Cultura coa futura estación intermodal do AVE e coa cidade histórica, respectivamente. Trátase, en palabras de Xosé A. Sánchez Bugallo, dunha infraestrutura de transporte "que garantirá o éxito da Cidade da Cutura e que será un proxecto de referencia do Santiago do século XXI".
REFORMA ADMINISTRATIVA
A web municipal incorpora un novo rueiro con información útil e accesible para os cidadáns
Esta páxina web vén de incorporar un novo rueiro, que vén a reforzar aínda máis as canles de comunicación cos cidadáns. Trátase dunha ferramenta con información útil e doadamente accesible sen ningunha aprendizaxe previa.
EDUCACIÓN
Máis de 1.700 escolares participarán nun novo concerto didáctico
O luns 12 de maio está prevista a participación de máis de 1.738 escolares no Concerto Didáctico "Cantando Cantando " do grupo de musica Mama Cabra. Este ciclo de concertos, que desenvolve a Concellería de Educación, forma parte do programa municipal Música na Escola, destinado á difusión e á promoción da música, do folclore e do teatro.
EDUCACIÓN
Quince alumnos do IES Rosalía de Castro viaxan a Ávila no marco do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio"
Un grupo de quince alumnos de 2º de ESO do IES Rosalia de Castro, estarán en Avila dende o 20 ao 22 de maio, para participar en diversas actividades culturais no marco do programa "Coñecer as Cidades Patrimonio". A continuación viaxarán a Cuenca, pero antes estarán en Santiago, entre o 12 e o 14 de maio, alumnos do Colexio Medalla Milagrosa de Ávila.
CULTURA
O foro Escritores en Compostela trae á cidade a algúns dos máis recoñecidos autores internacionais
A cidade verá pasar durante o 2008 ata catro recoñecidos autores literarios internacionais, grazas ao foro Escritores en Compostela, promovido pola Concellería de Cultura e pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Dous xa confirmados son o escritor belga Philippe Toussaint e a escritora cubana Nancy Morejón.
FESTAS
A Festa dos Nenos ofrece descontos do 50% nas atraccións da Alameda
A Concellaría de Festas de Santiago, en colaboración coa Asociación de Atraccións de Feira, invita a todos os nenos e nenas da cidade a gozar coas atraccións durante o venres, 9 de maio, na Alameda. Así finalizarán as actividades programadas no marco das Festas da Ascensión 2008.
TRANSPORTES
Santiago participa na constitución da Comisión da Bicicleta Pública de España
O concelleiro de Transportes e Mercados, Carlos Nieves, interviu no 15º Congreso do transporte urbano e metropolitano, que se está a celebrar en León. Os participantes do evento están a tratar e debater eixes temáticos como "O cliente e a calidade, "A empresa e a calidade" ou "O papel das administracións no transporte urbano".
ALCALDÍA
Santiago e Assisi estreitan lazos cun irmandamento
Santiago e Assisi crearán o Cammino di San Francesco, colaborarán en programas de rehabilitación e promoción cultural e tentarán promover voos Santiago-Assisi.
MOBILIDADE E EDUCACIÓN
O Concello únese por segundo ano a unha campaña para promover o uso das cadeiras infantís nos vehículos
Por segundo ano consecutivo, o Concello de Santiago, en colaboración co Real Automóbil Club de España (RACE), a Comisión Europea e o Centro de Investigación e Documentación Educativa (CIDE) do Ministerio de Educación e Ciencia, presentan a campaña "Aprende a ir suxeito no coche con Pillo o Armadillo". O seu obxectivo é concienciar aos nenos e nenas sobre a importancia de ir correctamente suxeitos no vehículo por medio de cadeiras de seguridade.
ALCALDÍA
O alcalde viaxa a Italia para acudir á cerimonia de irmandamento con Assisi
O acto de irmandamento será ratificado na nosa cidade por unha delegación de Assisi que viaxará a Compostela coincidindo coas festas do Apóstolo.