ALCALDÍA

A rúa Torreira gaña novas beirarrúas e prazas de estacionamento

13/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado polo concelleiro de Obras e Infraestruturas, Bernardino Rama, visitou as obras de reurbanización realizadas na rúa Torreira, financiadas no marco dos Fondos Estatais para o Emprego e a Sostibilidade Local. Esta intervención permitiu darlle unha apariencia urbana ao vieiro -que agora é de sentido único- creando beirarrúas e 32 prazas de estacionamento.

Leer más

EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música abre as súas portas ás familias da rede de escolas infantís

12/03/2011

Preto dun cento de familias con nenos das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas, Tambre e San Roque participaron nunha actividade de educación musical. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, aproveitou esta sesión especial para valorar o traballo realizado arredor da promoción da música dende as idades máis temperás e afirmou o compromiso de "continuar esta liña de traballo en rede entre os diferentes servizos municipais, que fan crible e enchen de contido o desexo dunha cidade educadora".

Leer más

ALCALDÍA

O Castiñeiriño fai memoria da súa historia

12/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu no Centro Sociocultural "Agustín Bueno" do Castiñeiriño á proxección do documental A memoria do Castiñeiriño. O documental recupera a memoria deste barrio, con testemuñas veciñais.

Leer más

ALCALDÍA

Salgueiriños mellora a súa calidade visual, ambiental e de accesibilidade

12/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, visitaron as obras de recuperación do río Corgo e do parque de Salgueiriños, realizadas por 515.373 euros con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local. A actuación supuso unha gran mellora da calidade ambiental no ámbito de Salgueiriños e da súa zona de influencia.

Leer más

COMERCIO

Constituída a Mesa Local do Comercio

11/03/2011

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presidiu a constitución da Mesa Local do Comercio, reunida na Sala Circular do Auditorio de Galicia. Respóndese así ao requirimento remitido ao Concello pola Xunta de Galicia a comezos de febreiro, polo que se concedía un prazo de vinte días hábiles para a súa creación e remisión á Administración autonómica da acta de constitución.

Leer más

ALCALDÍA

Os veciños de Rosalía de Castro e Choupana, satisfeitos coa súa nova avenida urbana

11/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro cos veciños de Rosalía de Castro – A Choupana, trala reurbanización do entorno e tres meses despois do seu remate. Foi momento para conversar sobre os cambios nesta vía, de 1,2 quilómetros de longo, que mudou radicalmente de aspecto, incorporando ademais novos servizos. O investimento final foi de 3,3 millóns de euros.

Leer más
Compartir: