MEDIO AMBIENTE

Case lista a árbore de Nadal do Obradoiro

12/12/2012

A tradicional árbore de Nadal da praza do Obradoiro estará lista o vindeiro xoves, 13 de decembro. Un ano máis, o Concello utiliza unha árbore natural, que logo regresará ao seu lugar orixinal. Do mesmo xeito, o Departamento de Parques e Xardíns recollerá os árbores de Nadal para recuperalas no Viveiro municipal e logo replantalas.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

"O señor das dunas", un contacontos para todos os públicos no CSC das Fontiñas

12/12/2012

O sábado 15, ás 18:00 horas, o Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá o espectáculo para O señor das dunas, un contacontos dirixido a todos os públicos, dende os nenos e as súas familias ata os máis vellos da casa. Esta actividade forma parte do programa FalaRedes, realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para as entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística.

Leer más

DEPORTES

O Concello quere recuperar o Estadio de San Lázaro para o atletismo e outros deportes

12/12/2012

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, acompañado polo presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, e polo delegado en Santiago da mesma, Iván Sanmartín, deu conta do proxecto de remodelación do Estadio de San Lázaro presentado ao Consello Superior de Deportes o pasado 27 de novembro. O Concello quere recuperar este recinto deportivo para a práctica do atletismo e habilitar novos espazos para deportes considerados minoritarios.

Leer más

COMERCIO

Nace en Compostela o Mercado da Estrela

12/12/2012

A primeira edición do Mercado da estrela celebrarase no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), o sábado 15 e domingo 16 de decembro, en horario de 11:00 a 20:00 horas, aglutinando ocio, compras, cultura, solidariedade e novas tendencias. A feira navideña reunirá a artistas, emprendedores e artesáns novos e
consolidados para dar a coñecer as súas coleccións e que o seu talento se converta en agasallo de Nadal. Ilustración, moda, complementos, decoración, fotografía ou cosméticos, exhibiranse...

Leer más

CULTURA

Los Enemigos chegan a Santiago coa súa "Revuelta Enemiga" dentro do Compostela Rock

12/12/2012

Los Enemigos chegan a Compostela, 10 anos despois, coa súa xira Revuelta Enemiga, da que ofrecerán dous pases logo de que se esgotaran as entradas para o primeiro concerto. Será xoves 13 e venres 14, con apertura de portas ás 20:30 horas, na Sala Capitol, dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas para o venres 14 poden mercarse a 20 € + gastos de distribución anticipada e 25 euros o día do concerto na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), en Ticketmaster, A Reixa Tenda, Ticketea e

Leer más

PARQUES E XARDÍNS

Sorteadas as hortas de Fontiñas

12/12/2012

O Centro Sociocultural das Fontiñas acolleu o sorteo das hortas urbanas municipais deste barrio entre as solicitudes presentadas. A concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, presidiu o acto.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Santiago disporá dun Plan de Acción Local dos Parques e Zonas Verdes de Compostela no primeiro trimestre de 2013

11/12/2012

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, inauguraron a conferencia final do proxecto ParkAtlantic no Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega). Santiago de Compostela é xefe de fila deste proxecto, no que tamén participan as cidades francesas de Angers e Pau (esta por medio da Communauté d'agglomération Pau-Pyrénées, a irlandesa Limerick (a través do Mid-West Regional Authority), e portuguesa Vila Nova de Famalicão (coa que colabora a...

Leer más

ECONOMÍA

Área Central acolle a segunda edición de Getting Contacts! en Santiago

11/12/2012

A concelleira de Economía, Reyes Leis; o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada; e o presidente de AJE Galicia, Daniel Ramos, presentaron a segunda edición en Santiago de Getting Contacts!, organizada polo Concello de Santiago dentro do programa Santiago Investors Support, coa colaboración de AJE Galicia e Área Central. Celebrarase o venres 14 en Área Central a partir das 9:30 horas.

Leer más
Compartir: