CONSORCIO
O Consorcio e a Universidade difunden a cultura compostelá
O Consorcio e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron un convenio de colaboración para a publicación conxunta de varios títulos dentro das diversas coleccións que ámbalas dúas institucións posúen.
MULLER
Reparto de cuncas para sensibilizar aos máis novos sobre a igualdade de xénero
Continúa a desenvolverse nos centros escolares a Campaña de concienciación e sensibilización sobre os valores da igualdade de sexo. Esta vez foi o CEIP de Roxos-Villestro o que recibiu a visita da concelleira de Benestar Social e Muller, Adelaida Negreira, que repartiu entre os alumnos xogos de dúas cuncas con imaxes relacionadas co reparto das tarefas domésticas entre os pais e as nais.
CULTURA
"A cidade interpretada", convertida en catálogo
O proxecto que durante o outono converteu a Santiago nun particular escenario de intervención artística trasládase agora ao papel. "A cidade interpretada" é a protagonista dunha nova publicación, que recolle as intervencións realizadas e todo o que as rodeou.
CULTURA
Chega ao Principal a premiada "Final de película", de Áncora Producións
O xoves 15 e o venres 16, ás 21:00 horas pode ser unha das últimas oportunidades de presenciar "Final de película", de Ancora Producións. Galardoada en 2005 nos Premios Rafael Dieste e nominada neste 2007 aos Premios Max, chega a Compostela unha obra "cómica e dramática, seria e divertida, e comprometida coa sociedade actual", en palabras do seu director Gustavo Pernas.
AUDITORIO DE GALICIA
A Orquestra Sinfónica de Galicia interpreta obras de Satué, Elgar e Beethoven
A Orquestra Sinfónica de Galicia, acompañada do pianista Alberto Nosè e baixo dirección de James Judd, actúa no Auditorio de Galicia o día 15 de febreiro ás 21:00 horas. Executarán un programa no que destacan dúas obras que son interpretadas por primeira vez pola orquestra: "Liñas de forza", de C. Satué e "Falstaf", op. 68", de E. Elgar, ademais do celebérrimo Concerto para piano núm. 5 en Mi bemol maior, op. 73 "Emperador", de L. v. Beethoven.
TURISMO
Santiago celebrará en febreiro de 2008 o seu primeiro foro gastronómico
Santiago de Compostela celebrará o seu primeiro foro gastronómico entre o 16 e o 20 febreiro do 2008, reunindo por primeira vez na cidade a primeiros nomes da cociña galega, española e internacional.
SEGURIDADE E EDUCACIÓN
Os escolares aprenderán condutas responsables no novo Parque Infantil de Tráfico
Máis de 60 escolares de primaria dos colexios Raíña Fabiola e Xuventude foron os primeiros en disfrutar do novo Parque Infantil de Tráfico, no recinto feiral de Amio. Nestas instalacións desenvolveranse ao longo do mes de febreiro diversas visitas didácticas, que permitirán aos escolares composteláns formarse en educación viaria.
ALCALDÍA
Relevo na Xefatura Local de Tráfico
A xefa local de Tráfico, Ana Martínez, deixa o seu cargo para ocupar novas responsabilidades. Con este motivo, pasou por Raxoi, onde se despediu do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela Activa creará aulas-taller de emprendemento nos centros de FP
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou as actividades do programa Compostela Activa para o 2007, que tamén contempla a creación dunha nova modalidade no Concurso de novas ideas empresariais, destinada a titulados de FP. A iniciativa contará cun orzamento de 120.000 euros e integra todas as accións da Oficina de Promoción Económica relacionadas co apoio á cultura emprendedora e á creación de novas empresas.
FESTAS
O Antroido chega a Santiago cunha gran variedade de actividades para todas as idades
O concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, presentou nun ambiente festivo o programa do Antroido 2007. No acto estivo acompañado do autor do meco, José Luis Méndez, por dúas das comparsas máis representativas da cidade, Os conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño e do propio meco, un dos protagonistas destes días que non podía faltar nesta presentación.