PROMOCIÓN ECONÓMICA
Sánchez Bugallo: "o talento humano é un elemento clave na innovación e no desenvolvemento"
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, destacou na inauguración de Talentia Summit'19, que o "talento humano é o elemento clave na innovación e no desenvolvemento". No acto tamén interviron a ministra de Economía en funcións, Nadia Calviño; e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
IGUALDADE
O Concello conciencia sobre a explotación sexual no Día europeo contra a trata
A concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, visitou esta mañá a carpa informativa que o Concello de Santiago instalou na praza do Toural con motivo da celebración do Día europeo contra a trata e que ten como obxectivo fundamental concienciar á cidadanía arredor dun problema que afecta a máis de 24.000.000 de persoas en todo o mundo
FACENDA
Aprobada en Xunta de Goberno a proposta de ordenanzas fiscais, que busca impulsar o tecido industrial e o emprego de calidade
A concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, presentou a proposta de modificación das ordenanzas fiscais aprobada hoxe en Xunta de Goberno extraordinaria. Do paquete de modificacións aprobadas, Marta Abal destacou a bonificación de ata o 95% que se introduce nas ordenanzas reguladoras do IBI, do IAE e do ICIO, para a implantación de novas empresas en Santiago e para a ampliación das existentes. Unhas bonificacións ligadas, sinalou "á...
ALCALDÍA
Encontro do alcalde de Santiago con membros da directiva da Academia Galega de Teatro
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu varios membros da dirección da Academia Galega de Teatro. No encontro, ao que tamén asistiu a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, solicitaron a colaboración do Concello no "I Congreso Internacional de Teatro Galego", previsto para marzo de 2020 na Cidade da Cultura.
ACCIÓN CULTURAL
Matarile Teatro presenta no Auditorio o seu impactante dúo de artes vivas ‘Los limones, la nieve y todo lo demás’
A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e Ana Vallés, directora de Matarile Teatro, presentaron esta mañá na Casa do Concello de Compostela ‘Los limones, la nieve y todo lo demás’. Poderemos ver o espectáculo este sábado, 19 de outubro, ás 20.30 h no Auditorio de Galicia, dentro das actividades coas que o espazo está a celebrar o seu 30 aniversario ao longo de todo o mes de outubro. Será en concreto nunha adaptación ao escenario da sala Ángel Brage, onde se sentarán os e as espectadoras...
ALCALDÍA
Máis de cen empresas participarán en Talentia Summit’19, que se celebra en Santiago do 21 ao 23 de outubro
Talentia Summit’19, que se celebra do 21 ao 23 en Compostela, contará coa participación activa de máis de 100 empresas. Só na xornada do luns, no foro de conferencias estratéxicas, que se desenvolverá no Auditorio de Galicia, están inscritas 900 persoas. Os datos presentáronos, en rolda de prensa, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; acompañado por Xabier Ferreiro, director e coordinador do evento; e por Bea García Cibeiro e Javier Represas, mentores de Talentia.
IGUALDADE
Campaña de sensibilización do Concello de Santiago contra a explotación sexual con motivo do Día europeo contra a trata
A concelleira de Políticas de Igualdade, Noa Díaz, presentou a campaña de concienciación e sensibilización que desenvolverá o concello con motivo do "Día europeo contra a trata", que se celebra o venres, e que se materializará coa colocación dunha carpa informativa na Praza do Toural.
CONSORCIO
O Consorcio de Santiago destinará 75.000 euros en axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica
O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 75.000 euros á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica a través do seu "Programa Localízate". As solicitudes e a documentación poderán presentarse no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da Rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 18 de novembro.
TURISMO
Turismo de Santiago aposta por captar turismo de calidade dos mercados asiáticos
O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron dúas accións destinadas a promocionar a cidade nos principais mercados emisores asiáticos. A primeira é a participación na ITB Asia, que se celebra en Singapur do 16 ao 18 de outubro, e a segunda é a asistencia á feira JATA, que se celebra en Osaka do 24 ao 27.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a importancia de acompañar ás empresas en todas as fases de desenvolvemento
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe no acto de presentación da primeira convocatoria para a selección de proxectos participantes no programa BioIncubadoraTech. O rexedor incidiu na importancia de acompañar ás empresas en todas as fases de desenvolvemento, en coordinación con todos os axentes económicos da cidade.