CONSORCIO

Unha simbólica aperta dará inicio aos actos do 800º Aniversario da Catedral de Santiago

17/03/2011

O 9 de abril iniciaranse os actos conmemorativos do 800º aniversario da consagración da Catedral de Santiago cunha iniciativa emotiva, didáctica e participativa: Compostela abraza á súa Catedral, unha convocatoria a toda a cidadanía a achegarse ata a Catedral para circundala nunha simbólica aperta, análoga á que millóns de peregrinos dan ao Apóstolo no altar maior da basílica xacobea.

Leer más

TRANSPORTES

Case 7,5 millóns de viaxeiros empregaron o transporte urbano durante o 2010

17/03/2011

As 24 liñas do transporte urbano foron utilizadas en 2010 por un total de 7.482.693 viaxeiros, segundo indicou en rolda de prensa o concelleiro de Transportes, Carlos Nieves. Estas cifras supoñen un descenso do 1,80% respecto a 2009 (136.824 viaxeiros menos), o cal contextualizou no marco da baixada xeral do conxunto do país e do retroceso das liñas afectadas polas obras.

Leer más

CULTURA

A Zona "C" celebra o seu cuarto aniversario coa presentación do catálogo das intervencións que acolleu no último ano

17/03/2011

A Zona "C" de San Domingos de Bonaval celebrou o 13 de marzo o seu cuarto aniversario e, como é habitual nesta celebración, presentouse o catálogo que recolle as intervencións do último ano. Fixérono a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez; e, en representación de artistas e comisarios, Ana Amado, que comisariou o traballo de Nuria Ruibal, Entre a razón e a pel.

Leer más

IGUALDADE

O curso "A saúde a través da arte" promove a creatividade con fins terapéuticos

16/03/2011

Avalado polo éxito das anteriores edicións, destinadas a outros colectivos de mulleres, a Concellería de Igualdade, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza unha nova edición do curso A saúde a través da arte. Vinte mulleres, preferentemente coidadoras de persoas con dependencia, participarán esta vez neste curso, que se impartirá na Casa das Asociacións de Benestar Social (rúa Manuel María, 6).

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Os alumnos do Monte dos Postes plantarán máis de 200 árbores no parque das Cancelas

16/03/2011

Coa chegada da primavera e momento tamén de celebrar, como todos os anos, o Día da Árbore e o Día da Auga. As actividades, que como vén sendo habitual, estarán protagonizadas por escolares de primaria, centraranse este ano no parque das Cancelas, o propio día 21, se a climatoloxía non o impide, segundo explicou a concelleira do Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, nunha conferencia informativa na que estivo acompañada por Paula Piñeiro, de Aquagest, e por Luís Incera, de Cespa, responsables en Santiago de cada unha das...

Leer más
Compartir: