XUNTA DE GOBERNO

O Goberno local solicítalle ao Consorcio a cesión das instalacións do complexo deportivo Fontes do Sar

12/01/2018

A Xunta de Goberno acordou hoxe solicitarlle ao Consorcio de Santiago a cesión gratuíta das instalacións do complexo deportivo Fontes do Sar a favor do Concello, por un prazo de 30 anos. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que o obxectivo da proposta é "facilitar a xestión das instalacións e favorecer a realización das necesarias actuacións de actualización das dependencias deportivas".

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Récord histórico na recollida selectiva de vidro en Santiago de Compostela

12/01/2018

O ano pasado pechouse en Santiago cunha cifra récord na recollida selectiva de vidro. En total, retiráronse algo máis de 1.922 toneladas fronte ás 1.447 de 2016, o que supón un aumento do 32%. Tamén se produciu un notable incremento, de máis do 20%, con respecto a 2008, o ano con mellores resultados ata o de agora, con 1.656 toneladas de vidro recollidas.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

Un concerto especial coa colaboración do mestre Pascual-Vilaplana abre os actos do 170 aniversario da Banda Municipal

12/01/2018

O alcalde, Martiño Noriega, presentou o concerto que a Banda Municipal ofrecerá este domingo 14 de xaneiro, ás 12:00 horas, no Teatro Principal, co que se abren as celebracións polo 170 aniversario desta formación musical. Para este concerto especial, o director da Banda compostelá, Casiano Mouriño, convidou ao recoñecido director José Rafael Pascual-Vilaplana, quen condudirá un programa denominado "De culturas e tradicións".

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde cualifica de "históricos" os datos de usuarios do aeroporto

12/01/2018

O alcalde mostrou hoxe a súa satisfacción polos datos do aeroporto de Lavacolla que vén de facer públicos AENA, e que recollen que a terminal compostelá sumou un tráfico de máis de 2,6 millóns de pasaxeiros en 2017. Esa cifra supón acadar un novo récord histórico, superando nun 5,3% o volume de viaxeiros de 2016.

Leer más

OBRAS E FACENDA

Avanzan a bo ritmo os investimentos dos orzamentos participativos do exercicio 2017

11/01/2018

O concelleiro de Medio Rural e Reequilibrio Territorial, Rafael Peña, e a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, deron conta hoxe do estado dalgúns proxectos dos orzamentos participativos do 2017. Os edís explicaron o estado das obras dependentes da Concellaría de Medio Rural, como a pavimentación do campo da festa de Marrozos, a senda peonil e os accesos ao Lamas de Abade e o proxecto de mellora da accesibilidade en Fontiñas. En total supoñen un investimento de 325.000 euros.

Leer más

ACCIÓN CULTURAL

"Global Complexity", de Amine Asselman, novo proxecto para a Zona "C"

11/01/2018

Mañá venres, ás 19:30 horas, abre na Zona "C" a intervención Global Complexity, do artista Amine Asselman. No acto inaugural estarán presentes Jorge Duarte, segundo tenente de alcalde do Concello de Santiago, e o artista Amine Asselman, quen falará da narrativa da peza que presenta. O acto é aberto ao público e non é preciso presentar invitación.

Leer más

ALCALDÍA E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Martiño Noriega reivindica a USC como clave para a fixación de coñecemento e riqueza en Compostela

10/01/2018

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asistiron esta mañá á xornada do Comité Directivo Final do Proxecto SOLA: SpinOff Lean Acceleration, do que forma parte a Universidade de Santiago xunto coa Universidad Autónoma de Madrid, a Universidade do Porto (Portugal), a Universitá della Calabria (Italia), as brasileiras Universidade de São Paulo e Universidade Estadual de Campinas, e as colombianas Universidad de Antioquia, e a Universidad EAFIT de Colombia.

Leer más
Compartir: