ACCIÓN CULTURAL

Talía Teatro celebra o seu 30 aniversario coa estrea de "O servidor de dous amos" este mércores no Teatro Principal

12/02/2018

O Teatro Principal acolle esta semana a estrea do último espectáculo de Talía Teatro. A compañía compostelá celebra 30 anos de historia e faino con O servidor de dous amos, unha volta ao texto clásico do teatro italiano que dirixe e adapta Diego Rey. A obra terá catro funcións en Santiago de Compostela, do mércores 14 ao sábado 17 de febreiro, sempre ás 20:30 horas.

Leer más

EMPREGO

Asinado o convenio para a acreditación da formación do programa municipal "Mocidade con Emprego"

12/02/2018

O Concello de Santiago e a Consellería de Economía, Emprego e Industria asinaron hoxe un convenio para a acreditación da formación impartida no marco do programa municipal Mocidade con Emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Iniciativa de Emprego Xuvenil e a Garantía Xuvenil. O acordo recolle as características que deben ter os itinerarios formativos para que o seu alumnado reciba da Xunta os certificados de profesionalidade.

Leer más

FESTAS

Oito carrozas, catorce comparsas e cinco grupos participarán no desfile do martes de Entroido

12/02/2018

O punto álxido do Entroido 2018 chega esta martes co desfile-concurso de carrozas, comparsas e grupos. Por mor das obras que se están a executar na estación do ferrocarril, a avenida de Ferrol servirá este ano de punto de encontro para a ruada do martes de Entroido. Oito carrozas, catorce comparsas e cinco grupos intervirán nesta festa para a que tamén se inscribiron once parellas e oito persoas candidatas ao mellor disfrace individual.

Leer más

FESTAS

O domingo do Entroido encheuse de espectáculos para desfrutar en familia

11/02/2018

A segunda xornada do Entroido 2018 en Compostela prestou especial atención ao público miúdo. Dende ás 10:30 horas, nenas, nenos e maiores participaron na charanga matinal animada pola comparsa Os Conformistas de Conxo. A ruada saíu do Centro de Maiores de Conxo para seguir polo sanatorio, as rúas Sánchez Freire, García Prieto, Cornes, praza Roxa, República do Salvador, Xeneral Pardiñas, Alameda, praza do Toural, rúas Nova e do Vilar, praza de Praterías e rúas da Raíña e do Franco.

Leer más

FESTAS

O desfile do Meco abriu o Entroido compostelán

10/02/2018

O Meco é un ano máis o protagonista do Entroido en Santiago. A figura deseñada por José Manuel Méndez realizou o seu xa tradicional desfile dende a praza de Cervantes ata a do Toural, á fronte dunha festeira comitiva animada polas comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago restaurará o retablo da capela da Pastoriza

09/02/2018

O Consorcio de Santiago acaba de sacar a concurso o servizo de conservación e restauración do retablo da capela da Nosa Señora da Pastoriza, por un importe global de 43.187,34 euros. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 19 de febreiro para presentar as súas propostas. Prevese que a intervención estea rematada nun período duns oito meses.

Leer más

ALCALDÍA

Santiago e Cuba reafirman os seus lazos de amizade

09/02/2018

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co embaixador de Cuba en España, Gustavo Machín Gómez, quen asinou no Libro de Honra do Concello. O diplomático chegou acompañado do consul xeral de Cuba en Galicia, José Antonio Solana. A continuación, o rexedor e o embaixador dirixíronse ao Parque Eugenio Granell, onde realizaron unha ofrenda floral na escultura do escritor e político cubano José Martí.

Leer más
Compartir: