TURISMO
Os hoteis composteláns aumentan en ocupación e pernoctacións respecto a anos anteriores
De acordo cos datos presentados por Turismo de Santiago, durante abril de 2006 o nivel de ocupación hoteleira creceu tanto en termos absolutos (pernoctacións) como en datos relativos (ocupación media).
TURISMO
Turismo de Santiago edita dúas publicacións sobre cultura e lecer
A "Axenda Cultural de Santiago de Compostela 2006", de aparición anual, e o folleto mensual "Culturall"-que leva xa dous números- informan a visitantes, cidadáns e profesionais do turismo sobre os eventos culturais e as opcións para o tempo de lecer que poden atopar na cidade.
CURTOCIRCUITO
O concurso Compostela Plató xa ten guión gañador
O guión titulado "Bichos Raros", de Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes, de Madrid, foi o gañador do concurso Compostela Plató, que este ano recibiu 143 guións procedentes de toda a xeografía española. O guionista elixido terá como premio a rodaxe completa da curtametraxe a partir do seu propio traballo. O filme estrearase, a escala internacional, na Gala de Clausura de Curtocircuito, o 21 de outubro de 2006.
EDUCACIÓN
Os pequenos xogan a ser axentes
Un policía local axúdaos cada día a cruzar a rúa cando saen do colexio. ¿Pero que máis saben os escolares composteláns desta persoa? Seguramente coñecen máis a un policía de calquera serie televisiva que a ese home uniformado que forma parte da súa rutina diaria. Co fin de acabar con este descoñecemento xorde Vivir Santiago, unha iniciativa que está levar ós máis novos a coñecer a súa cidade, os seus moradores, o seu funcionamento.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu ós representantes de COGAMI
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a unha representación da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI) na Casa do Concello.
LINGUA
Nova edición de Correlingua
Centos de rapaces reuníronse, primeiro na Praza da Quintana e logo na Praza do Obradoiro, nunha nova edición de Correlingua, a carreira que en prol do idioma se convoca cada ano en distintos puntos da xeografía galega.
FUNDACIÓN GRANELL
Charla sobre o vodú na Fundación Granell
Como actividade complementaria á exposición de fotografía "O camiño negro de Santiago. Vodú", o artista, Luís López, "Gabú", ofrece unha charla sobre as súas vivencias persoais cos oficiantes e crentes, que forman a estrutura das practicas máis escurantistas da relixión vodú en Haití. Será o venres 11 de maio, ás 19:30 horas, na sala de conferencias do Pazo de Bendaña.
EIXO ATLÁNTICO
A localidade portuguesa de Gaia convírtese no centro artístico da Eurorexión
Vila Nova de Gaia convertiuse na capital da arte do Eixo Atlántico, ao acoger a cerimonia de entrega dos premios da VII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. O escenario del acto foi a Casa Museo Teixeira Lopes, onde se atopa a exposición coas 40 obras seleccionadas nesta edición do certame plástico.
EDUCACIÓN
Os escolares fórmanse en seguridade
Continúa a desenvolverse o programa de actividades da campaña municipal de educación viaria e de autoprotección nos centros escolares "¿Onde está o perigo?", promovida polos Departamentos de Educación e Mocidade e Tráfico do Concello de Santiago. Trátase dunha iniciativa para a prevención de riscos e a intervención diante de calquera emerxencia que se produza.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Encarna Álvarez Gallego trae o seu "bilingüismo cromático" ás Fontiñas
"Bilingüismo cromático" é o título da exposición que Encarna Álvarez Gallego leva ó Centro Sociocultural das Fontiñas do 12 ó 29 de maio. "Entre o pensar galego e o sentir da miña terra, fun compoñendo cadros que falan de ámbolos dous sitios sen preferir nada, sen botar de menos, quedándome encantada co que ven, xa que probablemente, está aí para ser descuberto e pintado" apunta a autora sobre esta mostra.