DEPORTE

En marcha o procedemento de licitación das obras de mellora do Estadio Multiúsos de San Lázaro

20/12/2016

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe o anuncio de licitación das obras de mellora do Estadio Multiúsos de San Lázaro, presupostadas en 601.881,18 euros e cun prazo de execución de seis meses. As empresas interesadas teñen un prazo de 26 días naturais para presentar as súas ofertas, a contar a partir de mañá. As obras teñen como obxectivo corrixir o deterioro do recinto deportivo, que sofre problemas de corrosión e humidades en moitos dos seus elementos, desprendemento de material en vigas e piares e ...

Leer más

TURISMO

O Mercado da Estrela supera as expectativas con preto de 10.000 visitantes

20/12/2016

O Mercado da Estrela, patrocinado por Turismo de Santiago, celebrou a súa quinta edición o pasado sábado 17 e domingo 18 de decembro cun grande éxito que o posiciona como unha das iniciativas de máis repercusión e afluencia na cidade. Preto de 10.000 persoas de todas as idades visitaron os distintos espazos da iniciativa a pasada fin de semana, chegando a provocar colas para o acceso ao claustro do Museo do Pobo Galego, onde exhibían as súas coleccións catro decenas de marcas galegas de moda, xoiería, complementos,...

Leer más

INNOVACIÓN

Santiago, Madrid, A Coruña e Zaragoza unen esforzos para mellorar participación e transparencia a través da tecnoloxía

19/12/2016

Os concellos da Coruña, Santiago de Compostela, Madrid e Zaragoza asinaron hoxe o convenio para a realización do proxecto Plataforma de Goberno Aberto, Colaborativa e Interoperable, proposta que foi unha das gañadoras da II convocatoria do programa Cidades Intelixentes da axenda dixital para España, convocado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. O investimento total do proxecto ascende a 2.090.461 euros, financiados por Red.es e os concellos, nun 60% e un 40%, respectivamente.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio aproba un orzamento de 9,1 millóns de euros para 2017

19/12/2016

O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva e Consello de Administración, ambas xuntanzas presididas polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. Entre os temas abordados na orde do día, presentáronse os presupostos para o vindeiro ano, que alcanzan os 9.142.471,05 euros. As aportacións das tres Administracións consorciadas mantéñense por segundo ano consecutivo, despois de baixadas continuadas dende 2007. A Administración Xeral do Estado...

Leer más

TURISMO

Santiago participou na I Bienal Internacional de Patrimonio de Córdoba como exemplo de boas prácticas

19/12/2016

A organización da Bienal Internacional de Córdoba, que se celebrou por primeira vez do 15 ao 17 de decembro na cidade andaluza e que nesta ocasión reflexionou sobre "A economía do Patrimonio", convidou a Turismo de Santiago a participar como exemplo nunha das mesas de boas prácticas do evento. A xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, explicou o traballo de colaboración entre Santiago e a cidade xaponesa de Tanabe para a promoción conxunta dos Camiños de Santiago e o Kumano Kodo.

Leer más

LOITO

Decretado un día de loito oficial polo asasinato dunha muller en Compostela

18/12/2016

O Concello de Santiago decreta un día de loito oficial polo asasinato dunha muller en Compostela. Trátase da última vítima de violencia machista, unha muller de 30 anos que morreu no día de hoxe despois de ser agredida pola súa exparella o pasado venres. Dende o Concello de Santiago queremos amosar a nosa dor e solidariedade coa familia e amizades de Elena Mihaela Marcus.

Leer más
Compartir: