CULTURA
Compostela presenta no Museo de Arte Contemporánea de Niteroi as actividades coas que participará no evento
O concelleiro de Cultura de Compostela, Néstor Rego, presentou, xunto ao Secretario de Cultura de Niteroi, Marcos Gómes e o director do Museo de Arte Contemporánea da cidade, Guillherme Vergara a participación de Compostela no evento "Niteroi: encontro con España".
TURISMO
As pernoctacións de marzo aumentaro nun 42% sobre o mesmo mes de 2003
A ocupación dos hoteis composteláns en marzo de 2006 supera amplamente á de 2003, o último ano turisticamente ‘normal’ que permite comparacións, pois en 2005 produciuse a Semana Santa e 2004 foi Ano Xacobeo.
TURISMO
O 70% dos visitantes de Santiago son turistas e permanecen 2,4 días na cidade
O Centro de Estudos Turísticos (CETUR), organismo xurdido a partir do Plan de Excelencia Turística, presentou no Concello e Santiago o seu ‘Estudo de Caracterización da Demanda Turística’, realizado durante os catro trimestres de 2005.
EDUCACIÓN
Programa de actividades da campaña de animación á lectura para o venres 7
A campaña "Un, dous, tres…que les?" ten como obxectivo promocionar a lectura como un dos elementos básicos na formación integral das persoas.
ALCALDÍA
A asamblea da Cruz Vermella fai balance na Casa do Concello
O presidente de Cruz Vermella en Santiago, Rufino Pérez, e o seu coordinador, Fidel Martín, visitaron o mércores 5 de abril ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo para facer balance dos resultados desta institución na nosa cidade durante o pasado ano.
OBRAS E INFRAESTRUTURAS
Rematan as obras do cinturón arterial de abastecemento de auga potable
O proxecto, que comezara en 2003 a súa primeira fase, tivo un investimento total de 1.828.980 euros, dos cales un un 80% foron financiados polo Fondo de Cohesión da UE.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Clausúrase o Parque infantil de tráfico
Este venres, día 7 de abril, tivo lugar a última sesión do Parque Infantil de Tráfico instalado no Mercado Municipal de Amio. Esta actividade intégrase dentro do Programa Municipal de Educación Viaria e na Autoprotección "¿Onde está o perigo?", unha iniciativa do Departamento de Educación e Mocidade e no que están a colaborar diferentes entidades directamente implicadas nos labores de protección e seguridade dos cidadáns: Policía Local de Santiago, Protección Civil,...
TURISMO
Ryanair moverá a máis de 40 mil pasaxeiros entre Santiago e Liverpool, o seu novo destino
Desde o 3 de outubro deste ano a liña aérea de baixos custes Ryanair enlazará a Liverpool e Santiago de Compostela con tres voos semanais, cuxas tarifas parten dos 3,99 euros por traxecto.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A pintora Silvia Arnesto inaugura unha exposición no centro sociocultural das Fontiñas
Do 7 de abril ao 2 de maio de 2006, os luns de 10 a 14 horas e de martes a sábado de 10 a 14 h. e de 17 a 21 h.
SEGURIDADE
A Xunta local de Seguridade de Santiago aproba un protocolo para protexer ás vítimas da violencia de xénero
Tras facer análise e balance do ano 2005 e da problemática actual no que atinxe á seguridade en Santiago, a Xunta Local de Seguridade aprobou a aplicación do "Protocolo de colaboración e coordinación entre as fuerzas e corpos de seguridade do Estado e as policías locais para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero"