LIMPEZA
O servizo de limpeza da vía pública amplíase a domingos e festivos en novembro e decembro
A raíz das peticións formuladas polos veciños, o Goberno municipal decidiu ampliar o servizo de limpeza da vía pública durante os festivos e domingos dos meses de novembro e decembro. A Xunta de Goberno Local deu o visto bo a esta medida.
MOCIDADE
A Alameda acollerá a carpa do programa "Xuventude, moito que dicir"
Unha carpa de 300 metros cadrados acollerá do 7 ao 27 de novembro a exposición itinerante do programa "Xuventude, moito que dicir", da Fundación La Caixa. Un convenio de colaboración desta entidade co Concello permitirá traer a Compostela esta iniciativa, dirixida a recoñecer e potenciar o papel activo dos mozos e mozas na sociedade.
CULTURA
"Sons da Diversidade" trae as actuacións de Joao Afonso, Richard Bona e Orquestra Árabe de Nazareth
Sons da lusofonía, con Joâo Afonso, da fusión con África e as músicas europeas contemporáneas, con Richard Bona, e a tradición oriental coa Orquestra Árabe de Nazareth. Serán os tres concertos que, ao longo deste outono, pecharán esta cuarta edición de Sons da Diversidade. O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou a programación.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os responsables do proxecto Equal Compostela Social reúnense en Polonia cos seus socios transnacionais
Os responsables do proxecto Equal Compostela Social veñen de participar en Polonia nunha nova reunión transnacional, na que tiveron ocasión de compartir experiencias e liñas de traballo en común con outros proxectos, tanto da propia Polonia coma de Italia e Grecia. Todos estes proxectos comparten intereses comúns, xa que desenvolven iniciativas encamiñadas á inserción laboral de colectivos con dificultades para introducirse no mundo do traballo. Na viaxe participaron dúas das titoras do proxecto, así como a...
ALCALDÍA
O Concello ratifica o seu compromiso en prol dos enfermos de Alzheimer
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á presidenta da Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), María Isabel Gey Pérez. A xuntanza serviu para reafirmar o compromiso do Concello santiagués en prol destes enfermos, que xa se concretou hai dez días coa sinatura dun convenio.
CURTAMETRAXES
CurtoCircuíto’06 pecha outra exitosa edición coa entrega dos seus premios
Os gañadores de CurtoCircuíto’06 recibiron os seus premios nunha gala final celebrada no Teatro Principal. No evento, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deuse a coñecer o nome dos filmes agraciados nas categorías a concurso. Así, "Medianeras", de Gustavo Tareto, gañou na categoría de ficción; "Valle Paraíso", de Eduardo Martín, na de animación; "Nach dem fall", de Marcel Wyss, na de documental; e "Dark room", de Bart Wasen, na de...
FILM COMISSION
Nace unha nova guía de Compostela imprescindible para a produción audiovisual
Duascentas sesenta páxinas de información documental e gráfica sobre todo tipo de localizacións e para todo tipo de producións audiovisuais é o contido da "Guía de Localizacións e da Produción Audiovisual de Santiago de Compostela", presentada nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos e presidido polo alcalde compostelán. A publicación será distribuída en todo o sector audiovisual, tanto en España como no resto do mundo.
ALCALDÍA
Compostela reúne aos máximos expertos europeos en valoración inmobiliaria
Celébrase o "Seminario sobre modelos de valoración automatizada de bens inmobles con fins catastrais". Por este motivo están en Compostela os principais expertos europeos na materia. O evento organízao a Dirección Xeral do Catastro, cuxos responsables foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Todas as actuacións comprometidas quedan recollidas nos Orzamentos do Estado"
Na súa habitual rolda de prensa de resumo da actualidade semanal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cualificou como "notable" o esforzo inversor recollido nos Orzamentos Xerais do Estado. Ao seu xuízo, "todas as actuacións comprometidas con Santiago quedan recollidas nestes orzamentos".
ALCALDÍA
O alcalde mantén a "plena confianza" no compromiso da Xunta coa Cidade da Cultura
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, valorou os orzamentos do Goberno autonómico para Galicia e, en particular a dotación prevista para a Cidade da Cultura. "O compromiso da Xunta con este proxecto é total; así o manifestou o seu presidente no Parlamento e así mo transmitiu a min", indicou.