ALCALDÍA

Cruceiro do Gaio, redeseño urbano para xerar novos espazos e servizos

24/03/2011

Todo o ámbito do Cruceiro do Gaio amosa xa dende hai uns meses o seu novo aspecto urbano, tras unha intervención en varias fases que permitiu gañar novos espazos e conciliar o tráfico rodado co peonil. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou a zona acompañado pola concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, e tivo a ocasión de intercambiar impresións cos veciños sobre o resultado final da obra.

Leer más

EDUCACIÓN

As grandes cidades galegas piden un plan de modernización de centros educativos e a redefinición do modelo de educación infantil

24/03/2011

Máis de 200 representantes políticos e técnicos de concellos de Galicia abordaron na I Xornada Técnica sobre Concellos e Educación en Galicia: O Proxecto Cotiá da Cidade Educadora celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago, un debate que hai uns meses foi iniciado por un grupo de traballo integrado polas sete cidades con maior poboación de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Santiago. O seu obxecto era crear un espazo estable de reflexión e de acción conxunta arredor de...

Leer más

BENESTAR SOCIAL

Setenta e dous xitanos de Compostela asinaron un contrato laboral durante o 2010 grazas ao programa Acceder

23/03/2011

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín, e Gorka de Luis, da Fundación Secretariado Xitano, presentaron en rolda de prensa a memoria de actuacións do programa Acceder, que desenvolve esta última entidade. Grazas a esta iniciativa, 116 persoas recibiron orientación, 72 puideron acceder a un contrato de traballo e outras 15 a prácticas en empresas.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Actualizadas as tarifas dos estacionamentos e do tanatorio de Boisaca

22/03/2011

A Xunta de Goberno aprobou a revisión de tarifas dos aparcadoiros non xestionados directamente por TUSSA para 2011, que se actualizan de acordo á suba do IPC entre decembro do 2009 e decembro de 2010, cifrada no 3%, agás no caso do estacionamento da praza de Vigo, no que o incremento é do 75% dese IPC, é dicir o 2,25%. Tamén se poñen ao día as tarifas do tanatorio de Boisaca.

Leer más

COMERCIO

Promoción Económica abre o prazo para inscribirse na edición de primavera do VIII Concurso de Escaparatismo

22/03/2011

Os comercios de Santiago de Compostela xa poden anotarse na edición de primavera do VIII Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shopping 2011, aprobada en Xunta de Goberno e organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O 15 de abril finaliza o prazo para inscribirse no certame. O obxectivo do concurso, cunha dotación de 6.364,59 euros en premios, é contribuír á dinamización e mellora dos establecementos en activo, incentivando a súa capacidade creativa e a súa imaxe.

Leer más

BENESTAR SOCIAL

O Programa de Inclusión Laboral rexistrou 185 novas incorporacións en 2010

21/03/2011

A concelleira de Benestar Social, Mar Martín, presentou en rolda de prensa a memoria das iniciativas e actividades que o Equipo de Inclusión Sociolaboral levou a cabo durante o ano 2010. O Programa de Inclusión, desenvolvido a través dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e financiado polo Fondo Social Europeo, estaba constituído por un equipo multidisciplinar de tres profesionais. O obxectivo deste equipo centrouse no desenvolvemento de diferentes iniciativas destinadas a favorecer a inclusión social e laboral de colectivos en risco...

Leer más

CULTURA

Tanttaka Teatroa presenta "La mujer justa" dentro do ciclo Teatro en Xira

21/03/2011

Tanttaka Teatroa chega a Compostela para representar La mujer justa dentro do ciclo Teatro en Xira, que trae o mellor teatro que está a xirar pola Península. Teatro comercial de calidade, teatro clásico e tamén producións máis arriscadas neste ciclo que organiza a concellaría de Cultura e Centros Socioculturais. La mujer justa poderá verse no Teatro Principal o martes 22 e o mércores 23, a partir das 21:00 horas.

Leer más

ALCALDÍA

Ponse en marcha a ampliación da rede de abastecemento de Lavacolla

19/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo un encontro cos veciños de Lavacolla, con motivo da posta en marcha da ampliación da rede de abastecemento de auga. Investíronse 532.000 euros nunha obra financiada con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local.

Leer más
Compartir: