DEPORTES
Uns 180 deportistas competirán no Campionato Galego de Ciclocross
A Granxa do Xesto será o escenario do Campionato Galego de Ciclocross, que se celebrará o sábado 24 de decembro, a partir das 10.30 horas. Uns 180 deportistas participarán nesta proba nas súas oito categorías: cadetes, féminas, júnior, elite-sub 23, máster 30, 40 e 50 e sénior. Repartiranse uns 1.000 euros en premios.
CULTURA
A Real Filharmonía e o RIAS Kammerchor interpretan "O Mesías" de Haendel
A Real Filharmonía de Galicia, baixo a batuta do mestre Ros Marbá e o berlinés RIAS Kammerchor , considerado como un dos mellores coros de Europa, interpretan o xoves 22 sobre o escenario do Auditorio de Galicia O Mesías de Haendel. Farano a partir das 21:00 horas nunha das citas máis importantes do programa de abono e para a que xa están esgotadas as entradas. Como solistas actuarán a soprano Elena de la Merced, o alto Carlos Mena, o tenor Benjamin Hulett e o barítono Josep Miquel Ramón.
EDUCACIÓN
Os nenos hospitalizados no CHUS asistiron a unha representación de teatro científico
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, asistiu ás actividades que o Concello de Santiago, a través do Departamento de Educación, organizou para o alumnado da Escola do Hospital Clínico de Santiago Camilo José Cela.
TURISMO
Turismo de Santiago presenta a súa nova aplicación da cidade apta para dispositivos móbiles Apple e Android
A concelleira de Economía, Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou a nova aplicación para dispositivos móbiles de Turismo de Santiago, na que se condensa toda a información de interese turístico da cidade, incluído un innovador sistema de xeolocalización, que permite aos usuarios orientarse pola cidade e situar os recursos turísticos, como hoteis, restaurantes e monumentos.
CONSORCIO
Publicado o máis completo estudo sobre as celebracións na Catedral de Santiago
Presentouse o libro Cerimonial, festa e liturxia na Catedral de Santiago, editado con motivo da exposición do mesmo nome e enmarcada nos actos do oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago.
ALCALDÍA
Recepción á Asociación do Traxe Galego con motivo do fallo do Premio Antonio Fraguas
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibiu a Asociación do Traxe Galego e presidiu o fallo da XVII edición do Premio Antonio Fraguas de investigación sobre o traxe galego. Nesta ocasión o certame quedou deserto.
EDUCACIÓN
Un concerto clausurou o Curso de Música de Cámara da Escola Municipal de Música
Celebrouse no Casino de Santiago o concerto de clausura do I Curso de Formación en Música de Cámara, organizado pola Escola Municipal de Música e impartido pola profesora Irina Gruia, violinista da Real Filharmonía de Galicia. No curso participaron 11 estudantes da Escola, agrupados en tres tríos e un dúo de música de cámara.
EDUCACIÓN
Agasallos anticipados para os gañadores do Concurso de Carteis do Nadal
O gañadores desta edición do Concurso de Carteis do Nadal recibiron os seus premios nun acto celebrado en Raxoi e presidido polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa. O debuxo triunfador, de Carmen Sánchez, xa foi transformado no cartel que ilustrará estas datas na cidade.
XUNTA DE GOBERNO
A modificación do cadro de persoal de 2011 suporá a creación tres figuras de habilitados estatais de apoio: tesoureiro, interventor e secretario
A Xunta de Goberno aprobou por urxencia, na súa sesión ordinaria, unha modificación do cadro de persoal 2011. Esta modificación supón a creación de tres habilitados estatais de apoio: tesoureiro, interventor e secretario, así como a regulación dos directores de área en Facenda e Mobilidade.
CULTURA
Catro concertos en Todo Lírica, que comeza con Ximo Tebar & IVAM Jazz Ensemble
Co Nadal chega de novo Todo Lírica, un ecléctico ciclo de concertos creado no 2001 co nome de Festival de Zarzuela de Santiago, que segue habitualmente o formato de recitais de voz e piano, e que cada ano vén ampliando os seus contidos a outros xéneros musicais. O ciclo, que se celebra do 23 de decembro ao 3 de xaneiro con catro concertos, foi presentado polo concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e polo director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou.