BENESTAR SOCIAL
Adelaida Negreira presenta ao Consello Municipal de Servizos Sociais a Casa de Asociacións
A Concelleira de Benestar Social presenta ao Consello Municipal de Servizos Sociais as últimas iniciativas que o seu departamento está a desenvolver a favor das organizacións de iniciativa social: a Casa de Asociacións de Servizos Sociais e a Guía de Organizacións de Iniciativa Social.
TURISMO
A revista 'En Compostela' dedica o seu número de 2006 ao turismo 'sen présas'
O concelleiro de Turismo da cidade, Francisco Candela, presentou o cuarto número da revista anual ‘En Compostela’ e unha guía cultural anual que se distribuirá a axentes de viaxe, hoteis e oficinas de turismo.
CONCELLO
O Concello celebra a Xornada de portas abertas
O pazo de Raxoi, sede da Administración local, celebra ao longo do xoves día 20 de abril unha xornada de portas abertas a todos os cidadáns e turistas que queiran coñecer as súas dependencias. Con esta xornada preténdese achegar a Administración Local aos cidadáns, e que poidan coñecer de primeira mao o seu funcionamento. A entrada ao Concello é libre, en horario de 10.00 a 19.00 horas. Aínda que se entregará un folleto explicativo da historia do pazo de Raxoi, haberá un monitor pola mañá...
BENESTAR SOCIAL
Un seminario de educación familiar promoverá o coñecemento dos servizos sociais
A concellería de Benestar Social pon en marcha o Seminario Formativo de Educación Familiar que se desenvolve no Centro sociocultural de Fontiñas, nos meses de abril e maio, todos os mércores de 16 a 18 horas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede de Centros Socioculturais presenta a nova tempada de excursións
Vigo, o Valle del Jerte, Cantabria Oriental ou San Andrés de Teixido son algúns dos atractivos destinos das excursións que organiza un ano máis a Rede Municipal de Centros Socioculturais, e que se dirixen especialmente aos maiores.
FUNDACIÓN GRANELL
Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell
Os días 25, 26 e 27 de abril a Fundación Granell, sita no Pazo de Bendaña, acollerá o Congreso Interdisciplinar Eugenio Granell, organizado pola propia Fundación, a Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales (SECC) e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.
CONSORCIO DA CIDADE
Santiago acollerá en Semana Santa un Festival de Músicas Contemplativas
O Consorcio de Santiago de Compostela organiza o Festival de Músicas Contemplativas, orientado a abrir un proceso estable de Acción Cultural no Patrimonio e iniciar así unha oferta musical inexistente ata agora na cidade. Preténdese que o novo festival musical actúe como complemento cultural do programa de Semana Santa, ampliando a oferta aos múltiples visitantes foráneos e habitantes da cidade.
VI Campaña de Animación á Lectura
As librerías de Santiago acollerán sesións de contacontos
Sete librerías e espazos de lectura de Santiago acollerán a partir do día 19 deste mes diversas sesións de contacontos, presentacións de libros e encontros con autores e ilustradores, como complemento á VI Campaña de Animación á Lectura "Un dous tres, que les?" que o Concello de Santiago organiza na Galería Sargadelos, coordinadas pola editorial Kalandraka.
CULTURA
Inaugúrase a exposición de Xurxo Lobato en 'Niteroi: encontro con España'
Dentro da súa participación no evento Niteroi: encontro con España, que se está a celebrar no Brasil, Compostela inaugurou a exposición de Xurxo Lobato Galiza: Camiño Celeste. Á inauguración, que foi no Museo do Ingá, asistiron, ademáis do concelleiro de cultura de Compostela, Néstor Rego e do propio Xurxo Lobato, o secretario (concelleiro) de Cultura da cidade, Marcos Gomes, a vice-secretaria, Danielle Nigromonte, a presidenta da Fundación de Arte de Niteroi, Marilda Ormy e o director do Museo, Angelo...
CIDADE
Colocada primeira pedra da Sede SGAE Noroeste
O proxecto ten un investimento total de dez millóns de euros e construirase, previsiblemente, en doce ou trece meses.