ALCALDÍA
Os serenos volverán ás rúas compostelás
A Fundación Santiago Centro ultima a súa iniciativa de recuperar a figura dos serenos para a zona do Ensanche. Para iso vai tomar como modelo o da cidade de Xixón, onde este servizo funciona dende 1999, baixo a dirección da Agrupación de Sociedades Asturianas de Traballo Asociado (ASATA). Os representantes desta entidade, acompañados da asociación comercial compostelá, pasaron por Raxoi, onde lle explicaron ao alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, esta iniciativa.
CONSORCIO
Sánchez Bugallo anuncia "actuacións significativas" na cidade por parte do Consorcio para o período 2007-2010
O Consorcio de Santiago celebrou a reunión da súa Comisión Executiva, na que se presentou o Plan de actuacións 2007-2010. Malia que non quiso adiantar o seu contido, o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que o programa "vai producir satisfacción na cidadanía, porque contén actuacións realmente significativas".
CASCO HISTÓRICO
Compostela contará cunha guía para preservar as obras de arte do Casco Histórico dos incendios
A concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón; o concelleiro de Seguridade cidadá, Xosé Baqueiro, e o xefe de Bombeiros, Cesáreo Rey, participan en Cuenca no Congreso de protección contra incendios nas cidades Patrimonio da Humanidade, organizado pola Asociación Profesional de Técnicos de Bombeiros. Deste encontro, no que participan as trece cidades españolas con esta denominación, sairá a "Declaración de Cuenca", que recollerá as conclusións deste congreso.
EDUCACIÓN
Concerto didáctico para os escolares composteláns
Como cada curso escolar, a Concellaría de Educación e Mocidade pon en marcha o programa de música para escolares de centros de ensino. Este ano, ademais da oferta periódica de concertos didácticos da Banda Municipal de Música de Santiago e dos ciclos de concertos didácticos de música tradicional e de música clásica nos propios centros, ofrécese, a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña: "O Pequeno Wolfy" de Pizzicato, un concerto do Grupo de Metais Santa Cecilia e un concerto...
BENESTAR SOCIAL
O Concello aporta 3.400 euros á asociación ASPANAES para a posta en marcha dun servizo de transporte adaptado
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Asociación de Pais de Persoas con Autismo e outros Trastornos Xeralizados do Desenvolvemento (ASPANAES) da provincia da Coruña, Antonio de la Iglesia Soriano, asinaron un convenio de colaboración en virtude do cal a entidade municipal realizará unha achega de 3.400 euros para colaborar coas actividades da asociación.
TURISMO
Santiago promóvese como destino de inverno nos mercados europeos con conexión aérea
Baixo o lema "Santiago de Compostela, parte de ti", Turismo de Santiago pon en marcha por quinto ano consecutivo a Campaña de Desestacionalización Turística para mellorar a ocupación hoteleira invernal. As novidades desta edición son "a internacionalización e o traballo con empresas e institucións", segundo apuntou o concelleiro de Turismo, Francisco Candela, na presentación da iniciativa.
CONSORCIO
Sánchez Bugallo entrega as publicacións editadas polo Consorcio aos directores dos colexios públicos da cidade
O Consorcio de Santiago ven desenvolvendo desde a súa fundación unha importante actividade para a posta en marcha de diferentes programas para a promoción e difusión da cultura compostelá. Neste marco contémplase o programa de doazón de publicacións ás bibliotecas dos centros educativos de Santiago de Compostela que, como presidente do organismo interadministrativo, Xosé A. Sánchez Bugallo iniciou novamente coa entrega dos libros aos directores dos centros públicos, institutos e colexios concertados.
INFRAESTRUTURAS
Aprobado o proxecto de reurbanización da Rúa Valle-Inclán
A Xunta de Goberno local deu o visto bo ao proxecto de urbanización da Rúa Valle Inclán, que inclúe tamén actuacións na Costa de San Domingos e no entronque coa Ruela da Caramoniña. Estas obras, que se lle encomendan ao Consorcio de Santiago, están presupostadas en 840.262 euros e teñen un prazo de execución de 12 meses.
EDUCACIÓN
Un convenio entre o Concello e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar permitirá a construción de tres novas escolas infantís
O Polígono do Tambre, San Roque e Tras Parlamento contarán con novas escolas infantís (Galescolas) para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A construción destes centros educativos será posible grazas un convenio coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar que se asinará en breve.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A rede de centros socioculturais destina 71.000 euros ás súas actividades para os tres últimos meses do ano
O Goberno municipal aprobou o orzamento de gastos e ingresos das actividades da rede sociocultural para outubro, novembro e decembro de 2006. Os gastos serán de 71.000 euros, que permitirán dar continuidade a actividades coma os talleres infantís e de maiores, os ciclos de cine, as accións dos clubs de tempo libre, os festivais de música ou os festivais de músicas e demais actividades lúdicas.