CULTURA

Chega ao ciclo Sons da Diversidade Ana Moura, a nova estrela do fado

25/03/2011

O sábado 26 hai unha nova cita con Sons da Diversidade, ciclo organizado pola Concellaría de Cultura. Será a partir das 21.00 horas da man da nova estrela do fado, Ana Moura. As entradas xa están á venda na web de Caixa Galicia e no despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O prezo é de 15 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde denuncia o maltrato da Consellería de Educación en relación á Escola Oficial de Idiomas e á Escola de Hostalería

25/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, cualificou como "grave" a actual situación da Escola Oficial de Idiomas (EOI) e denunciou a falta de compromiso orzamentario da Consellería de Educación para a construción dun novo edificio para a mesma. Do mesmo xeito, lamentou o "maltrato" do mesmo organismo autonómico respecto ao recoñecemento da titulación oficial para a Escola de Hostalería.

Leer más

MEDIO AMBIENTE

Santiago súmase á "Hora do Planeta" apagando o alumeado público en varias localizacións da cidade

25/03/2011

A Concellería do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable fai un chamamento aos veciños de Santiago para que mañá sábado, 26 de marzo, ás 20:30 horas, se sumen á Hora do Planeta, unha iniciativa coa que quere amosar o compromiso local cun cambio global en beneficio do medio ambiente. No marco desta iniciativa, cidadanía, empresas, institucións e gobernos de todo o mundo apagarán as súas luces durante unha hora como chamada de acción na loita contra o cambio climático.

Leer más

ALCALDÍA

Confortables escaleiras e sinxelas referencias lineais para San Clemente

25/03/2011

A reurbanización da área de San Clemente supuxo un cambio total na súa topografía. Ademais, os veciños e visitantes atópanse agora cos restos da fonte do século XVI aparecida no lugar. A piques de rematar os traballos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o lugar acompañado pola concelleira de Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira.

Leer más

ALCALDÍA

A compañía Jet Ready presenta o seu servizo de aerotaxis dende o aeroporto de Lavacolla aos empresarios composteláns

24/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo exerceu de anfitrión para os directivos da compañía Jet Ready na presentación da súa oferta de aerotaxis, que pretenden implantar en Lavacolla. Aínda que a compañía xa ten voado dende o aeroporto compostelán, a intención da empresa é ter un avión e persoal permanente en Santiago, decisión que dependerá dos contactos que manteñan con empresarios composteláns.

Leer más

COMERCIO

A cidade homenaxeará a seis comercios familiares do casco histórico

24/03/2011

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, deu a coñecer en rolda de prensa os nomes dos establecementos distinguidos dentro do programa Homenaxe ao Comercio Compostelán 2011: Confecciones Sánchez, Fotos Sandine, Electrodomésticos Muíños, Joyería Regueira, Calzados Valiño e Lencería Carol.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Normalización Lingüística anima os escolares composteláns a participar na última sesión do obradoiro "Canta música!"

24/03/2011

A Concellaría de Normalización Lingüística colabora coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no desenvolvemento dos obradoiros de canto e xogos tradicionais denominados Canta música!, inseridos no programa Bocaberta, que promove o uso da lingua galega entre os máis novos a través de actividades relacionadas con diversas disciplinas. A últimas sesión da actividade, dunha hora de duración, terán lugar o sábado 26 de marzo, ás 12:00 horas, no Centro...

Leer más

CULTURA

A Banda Municipal ofrece dous concertos baixo o título "Hoxe toca vento metal"

24/03/2011

A Banda Municipal de Música, dirixida por Xosé Carlos Seráns, dará dous concertos o venres 25 de marzo, baixo o nome Hoxe toca vento metal. Ás 11:00 horas, no Auditorio de Galicia será o primeiro dos concertos, nesta ocasión un didáctico, dirixido a rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º de Educación Secundaria. Xa pola tarde, ás 20:00 horas, a Banda trasladarase ao Local Sociocultural de Amio para dar, desta vez, un concerto aberto a todo o público.

Leer más
Compartir: