CONSORCIO
Un novo espazo público para a convivencia en San Salvador
A alcaldesa de San Salvador (El Salvador), Elvia Violeta Menjívar, recibiu de mans do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo, o Premio Santiago de Compostela de Cooperación Urbana, dotado con 180.000 euros. O proxecto da praza San Esteban do centro histórico desta cidade centroamericana fora seleccionado entre un total de 24 proxectos presentados. Grazas ao galardón recuperarase un lugar simbólico para o seu uso público.
EDUCACIÓN
Nuke Trío noutro concerto didáctico
O Teatro Principal acolle un novo concerto didáctico programado pola Concellería de Educación. Será o mércores 28 de novembro, ás 10.30 horas, e o protagonista será Nuke Trío, unha formación composta por clarinete baixo, guitarra e zanfoña.
CONSORCIO
A mostra "Galicia no gravado antigo" convértese en catálogo
O Colexio de Fonseca alberga ata o 2 de decembro a exposición "Galicia no gravado antigo", 270 gravados da Colección Puertas Mosquera seleccionados dun total de máis de 800 do século XIX, dos que unha parte moi importante corresponden á cidade de Santiago. Esta mostra convértese agora en libro-catálogo.
CULTURA
Subvencións por 35.000 euros para trece asociacións culturais
Un total de 13 asociacións culturais da cidade recibirán subvencións destinado ao fomento das súas actividades culturais neste ano 2007. O importe total das axudas, aprobadas pola Xunta de Goberno local, ascende a 35.000 euros.
URBANISMO
O Concello cede unha parcela a FEGAMP nas Cancelas para a súa nova sede
A Xunta de Goberno local aprobou a cesión gratuíta á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) dunha parcela no Sunp-4 das Cancelas e por un período de 75 anos.
CIDADE HISTÓRICA
Novas actuacións no pavimento do Casco Histórico
A Concellería de Casco Histórico deu conta á Xunta de Goberno dun informe sobre a situación actual do pavimento da zona da améndoa histórica e das medidas adoptadas para a súa recuperación. Co obxecto de solucionar as deficiencias, aprobáronse os proxectos arquitectónicos para distintas intervencións.
INFRAESTRUTURAS
O Goberno municipal aproba obras viarias por máis de 700.000 euros
A Xunta de Goberno local aprobou os proxectos de obras da anualidade 2008 previstos para a súa inclusión no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. Trátase de cinco obras, que supoñen un orzamento de 680.889 euros.
TRANSPORTES
A baixada de bandeira dos taxis composteláns queda fixada en 3,10 euros
O Goberno local aprobou as tarifas de auto-taxi para o ano 2008. A tarifa mínima de baixada de bandeira queda establecida en 3,10 euros en horario diurno. O importe por quilómetro percorrido será de 0,83 euros.
COMERCIO
Promoción Económica emite 25 certificados para aproveitar o convenio de colaboración cos medios de comunicación
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo emitíu dende maio 25 certificados para que comercios e empresas poidan acollerse aos descontos en publicidade que os medios de comunicación local ofertan a través do Programa de fomento do investimento en publicidade e promoción comercial. O obxectivo da Concellería é potenciar o uso da publicidade coma un investimento rendible.
ALCALDÍA
Listo o proxecto do paso inferior de Galuresa
O Ministerio de Fomento comunicou ao Concello a aprobación definitiva do proxecto técnico do paso inferior de Galuresa, segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. O orzamento total superará o inicialmente previsto e situarase en 30.262.353 euros.