DEPORTES
O pavillón de Santa Isabel estrea pista deportiva
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o pavillón polideportivo de Santa Isabel. Alí vén de realizarse a obra de substitución do pavimento de madeira, por un importe de 175.000 euros. En paralelo adquiríronse novas canastras para completar o equipamento.
TURISMO
A mellor salsa do mundo chega a Santiago da man de "Salsorro"
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e un dos organizadores de Salsorro, Diego Berea, presentaron a VII Edición do Festival Internacional de Salsa de Galicia, que se celebrará do 7 ao 9 de novembro. En Salsorro participarán máis de 2.000 persoas procedentes de máis dunha ducia de países e bailaríns e compañías de sona mundial, como Víctor e Burjú, directores da compañía Hacha y Machete, de Boston, que tamén estiveron na.../em>
CULTURA
Cineuropa proxecta máis dun cento de filmes galegos
Presentouse no Teatro Principal a sección de Cineuropa Panorama Galiza que, ao longo do Festival, proxectará máis de 100 filmes rodados no noso país.
TRABALLO
O Sarela recupera outros 800 metros de paseo á súa beira
O alcalde de Santiago, Xosé A Sanchez Bugallo; o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, visitaron o paseo do río Sarela rehabilitado polos 60 alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego Compostela Natural. As obras consistiron na rexeneración do cauce e apertura dun paseo á beira do río de 800 metros de longo por 1,35 de ancho, entre a igrexa do Carme de Abaixo e Casas da Ribeira de San Lourenzo.
XUNTA DE GOBERNO
Adxudicadas as obras do novo pavillón polideportivo de Fontiñas
A Xunta de Goberno adxudicou as obras do pavillón polideportivo de Fontiñas, por un importe de 1.687.543 euros. Este novo equipamento deberá estar listo en 14 meses.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os mozos de Compostela estudan un ano máis para impulsar proxectos de cooperación ao desenvolvemento
Mañá, mércores 5 de novembro, dará comezo a 6ª Olimpiada Solidaria de Estudo, unha iniciativa que quere implicar aos mozos e mozas na consecución de fondos para financiar proxectos educativos no terceiro mundo a través do tempo que dediquen a estudar. Un ano máis, Compostela súmase a esta campaña a través dos centros socioculturais da Trisca, Conxo, Vite e Fontiñas.
CONSORCIO
O Consorcio aproba o Plan de Mantemento de Edificios
O alcalde compostelán presidiu o Consello de Administración do Consorcio de Santiago, no que, entre outros acordos, aprobouse a conta xeral do exercicio de 2007 e o Plan de Mantemento de Edificios. Tamén se ampliou o prazo de concesión municipal para a explotación do Multiusos ata 2028, a cargo do Concello e da Sociedade Xestión de Actividades Deportivas e Espectáculos (XADE), así como as obras de acondicionamento nestas instalacións deportivas por importe de 1.678.837 euros.
CULTURA
Arrinca Cineuropa con "A noite que deixou de chover"
Presentouse no Teatro Principal a proxección de A noite que deixou de chover, filme rodado integramente en Compostela que marca o comezo da edición XXII do Festival Cineuropa.
CONSORCIO E MEDIO AMBIENTE
O Consorcio asina un convenio co Concello para iniciar diversas actuacións nos parques da Selva Negra e Granell
O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo asinou un convenio de colaboración coa concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, para realizar o acondicionamento e posta en valor para uso público da área natural da Selva Negra, lindeira coa Granxa do Sexto, e outra para promover a construción dun edificio de servizos no Parque Eugenio Granell.
TURISMO
Santiago e Braga unidas pola gastronomía
O concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, e a vereadora de Turismo e Actividades Económicas de Braga, Ana Paula Pereira, presentaron a campaña turística "Braga á Mesa" e o protocolo de colaboración entre o Concello de Santiago e o Concello de Braga.