ALCALDÍA

Recoñecemento ao labor desempeñado pola Policía Local durante o Ano Santo

05/03/2011

Con motivo da festividade do Santo Anxo da Garca, celebrouse a tradicional recepción á Policía Local no Salón Nobre de Raxoi. Nesta ocasión, o evento tuvo como particularidade a entrega por parte do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, dun recoñecemento a todo o corpo polo labor desempeñado durante o Ano Santo. Ademais, impuxéronse catro medallas a título particular ao inspector Juan José Lemos Nieto, ao oficial Juan Manuel Vilaseco Barros (ambos xubílanse este ano) e, a título póstumo, aos...

Leer más

ALCALDÍA

O Ensanche Vello exhibe a súa nova e funcional imaxe urbana

04/03/2011

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o secretario de Estado de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, visitaron as obras de reurbanización realizadas nas rúas do chamado Ensanche Vello, realizadas con fondos estatais. Estas actuacións dotaron a esta zona da cidade de espazos máis habitables, con amplas beirarrúas e novos servizos.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde presta o seu apoio ao ministro de Fomento na defensa do AVE a Galicia

04/03/2011

Despois da visita desta semana do ministro de Fomento, José Blanco, ás obras da entrada do AVE na cidade, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, mostrou a súa satisfacción co cumprimento e mesmo adianto dos prazos desta actuación. Ademais, insistiu no "recoñecemento ao esforzo do ministro" no tema da alta velocidade a Galicia e prestoulle o seu apoio na defensa da mesma.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜISTICA

A Concellería de Normalización Lingüística impulsa "Atopando Compostela", un xogo sobre a toponimia municipal

03/03/2011

A concelleira de Normalización Lingüística, Guadalupe Rodríguez, presentou o proxecto de toponimia lúdica Atopando Compostela. Trátase dun xogo educativo sobre a toponimia do Concello de Santiago e está dirixido aos alumnos e alumnas de educación secundaria, co fin de que se familiaricen cos nomes propios dos lugares do municipio no que viven.

Leer más

CIDADE HISTÓRICA

Propostas para a Cidade Histórica na clausura das sesións abertas do congreso "Compostela 2021. A cidade intuída"

03/03/2011

Pararse e reflexionar, intuír a cidade que queremos para dentro de 10 anos é o obxectivo do congreso Compostela 2021. A cidade intuída, que está a desenvolver as súas xornadas de portas abertas durante esta semana, no Teatro Principal. A concelleira da Cidade Histórica e Rehabilitación, Olga Pedreira, pechará estas sesións despois dunha última sesión que estará centrada na reflexión sobre a zona vella de Compostela.

Leer más
Compartir: