FESTAS
Chaián celebra este domingo a XLVII Festa do Escalo
A Festa do Escalo de Chaián vénse celebrando desde hai máis de 40 anos, e inclúe o xa tradicional concurso de pesca de ciprínidos, así como unha concorrida festa gastronómica e posterior baile. Esta xornada conta co apoio do Concello de Santiago polo que está incluída no programa de Festas do Apóstolo 2023.
DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS
Asinado o convenio polo que o Concello lle fai unha achega de 60.000 euros á Cociña Económica
A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, visitou esta mañá as instalacións da Cociña Económica, acompañada polo presidente da entidade, Manuel José Botana, o vicesecretario, Fernando Barros, e o coordinador, Javier Brage. No marco da visita quedou asinado o convenio de colaboración entre o Concello e a Cociña Económica, que supón unha achega municipal á entidade de 60.000 euros.
PLENO
O Pleno aproba a liquidación de gastos derivados do transporte urbano de viaxeiros en 2022
O Pleno municipal, reunido esta mañá en sesión extraordinaria, deu luz verde á liquidación das contas de 2022 coas empresas de transporte urbano de viaxeiros Autos Carballo, Autos Garabanxa, Hermanos Ferrín, Autocares Rías Baixas e a UTE Autobuses Urbanos de Lugo e Trap. En total, o Concello desembolsará pagamentos por valor de 853.113,42 euros para liquidar as contas pendentes.