MEDIO AMBIENTE
O Concello promove a reciclaxe coa iniciativa 'Que ben que vén!'
'Que ben que vén' é unha acción de rúa promovida polo Concello de Santiago para concienciar á cidadanía sobre a reciclaxe e a xestión de residuos especiais. Este punto de información aos viandantes estará instalado na rúa Virxe da Cerca durante toda a xornada de mañá.
ALCALDÍA
Esta tarde entréganse os premios do concurso escolar 'Coñece o teu concello'
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolle esta tarde o acto de entrega de premios da nova edición do concurso escolar 'Coñece o teu concello', que organiza La Voz de Galicia coa colaboración do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña. O alcalde de Santiago en funcións, Xosé Sánchez Bugallo, presidirá o acto no que se fará entrega dos diplomas aos escolares premiados nas categorías de debuxo e redacción.
TURISMO
Música, obradoiros e queimada para celebrar San Xoán na Praza de Mazarelos
A Praza de Mazarelos acolle a partires das cinco da tarde unha nova edición do Festival con actividades para todos os públicos.
ACCIÓN CULTURAL
João Afonso trae a súa biblioteca persoal á SELIC
O cantautor musicará clásicos das letras portuguesas, nunha xornada que contará tamén cun recital-concerto de Antía Otero, Faia Díaz e Benxamín Otero.