ALCALDÍA
"Compostela Ilustrada" reúne dende hoxe a 13 destacadas figuras da ilustración internacional
O alcalde de Santiago Martiño Noriega inaugurou o II Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada que se celebra do 9 ao 12 de novembro. No acto, celebrado na Galería Sargadelos, tamén estiveron o director do encontro, Miguelanxo Prado, e os deseñadores e deseñadoras participantes. Todos e todas puideron visitar a exposición Camiña o Camiño, aberta neste espazo ata ao 30 de novembro.
POLÍTICAS SOCIAIS
Expertos da Península debaten en Santiago sobre os recursos específicos para as persoas sen fogar
A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, dará a benvida institucional ás persoas participantes na II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar: Recursos Específicos, que se celebra mañá venres no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación (avenida de Castelao s/n, Campus Norte). O tema principal da Xornada serán os recursos que se poden destinar á axuda das persoas que non teñen fogar por parte das corporacións municipais. Está prevista a intervención...
LINGUA E COMERCIO
O alcalde visita El In-Perfecto, establecemento gañador do V Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego
O alcalde e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo visitaron esta mañá o establecemento El In-Perfecto, premiado no V Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego. Martiño Noriega e Marta Lois coñeceron o establecemento, que mereceu a distinción pola campaña co lema "Uns fano en serie. Nós facémolo en serio", ideada por Beatriz Romero.
POLÍTICAS SOCIAIS
Concha Fernández reivindica o papel dos concellos en materia de cooperación na celebración do 20 aniversario do Fondo Galego
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asistiu esta mañá ao acto de celebración do 20 aniversario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello de Santiago xunto con outros 90 municipios.
TURISMO
A segunda edición de Fairway, Forum do Camiño de Santiago, reunirá desde este domingo aos profesionais que traballan arredor das súas rutas
A segunda edición de Fairway, Forum do Camiño de Santiago, celebrarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Compostela entre o domingo 12 e o martes 14 de novembro, coa meta de ser o punto de encontro de todos os profesionais e interesados ao redor das súas rutas.
ACCIÓN CULTURAL
O novo filme do realizador alemán Fatih Akin chega este venres a Cineuropa
Fatih Akin, gañador do Oso de Ouro de Berlín en 2004 por Contra a parede, é un dos habituais en Cineuropa. Con In the fade, este realizador alemán de ascendencia turca propón unha historia sobre a vinganza dunha muller cuxa familia foi destruída polo terrorismo neonazi. A acción apóiase esencialmente na excelente Diane Kruger que, grazas a este papel que reestrutura o xénero de vinganza habitualmente masculino, foi merecedora do premio á mellor actriz en Cannes 2017. A cita co último Fatih.../em>
ALCALDÍA
Compostela acolle este venres a Asemblea Xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago
A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago (AMCS) celebrará a súa Asemblea Xeral mañá venres en Santiago. A axenda da xornada dará comezo ás 9:00 no Hostal dos Reis Católicos, cunha Xunta Directiva da entidade que será presidida polo alcalde de Santiago, Martiño Noriega.
IGUALDADE
Aberta a Casa das Mulleres "Xohana Torres", un espazo de encontro e empoderamento feminista
A veciñana de Compostela asistiu esta tarde á inauguración da Casa das Mulleres "Xohana Torres", situada na rúa Bernardo Barreiro. Trátase dun espazo pedido dende hai moitos anos polos colectivos feministas e de mulleres. Busca ser un lugar de empoderamento e de transformación social, tendo por obxectivo o traballo por unha sociedade igualitaria.