POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE
Máis de 40 obradoiros sobre diversidades sexuais na aula para conmemorar o Día Internacional contra a Homofobia
O Concello de Santiago vén de sumarse ao Día Internacional contra a Homofobia, que se celebrou o 17 de maio, mediante a convocatoria de varias actividades sobre diversidades sexuais. Trátase da primeira acción dun proxecto máis amplo que a Concellaría de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde quere levar a cabo durante o vindeiro curso.
MOCIDADE
O Concello organiza o campamento de verán para mozos e mozas Ondiñas Surf Camp
A concelleira de Mocidade e Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá o campamento de verán Ondiñas Surf Camp, que organiza o Departamento de Mocidade do Concello de Santiago para os mozos e mozas da cidade.
ACCIÓN CULTURAL
Obras Públicas presenta o musical "Bye Bye Honey" no Teatro Principal
A compañía Obras Públicas presenta o musical Bye Bye Honey no Teatro Principal esta semana. Poderá verse en dúas funcións, venres 27 e sábado 28 de maio, ás 20:30 horas. Esta mañá presentaron o espectáculo en rolda de prensa a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, xunto a César Goldi, Iolanda Muíños, Fran Facal e Ramón Orencio.
CONSORCIO
Alumnado da Escola de Altos Estudos Musicais ofrece este mércores un novo concerto no Paraninfo da Universidade
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) ten en marcha a iniciativa A Escola na Cidade, un ciclo de concertos de música de cámara interpretados polo alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do centro. A entradas a estas actuacións é gratuíta ata completar aforo.
CONSORCIO E EDUCACIÓN
O alcalde inaugurou en Sargadelos os talleres que axudarán aos cidadáns a mellorar a xestión da enerxía nas súas vivendas
Baixo o lema Rehabilita con enerxía!, o Consorcio de Santiago vai celebrar ao longo desta semana, no primeiro andar da Galería Sargadelos, varios talleres participativos para que os cidadáns melloren a xestión enerxética nas súas vivendas, en colaboración coa Concellaría de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago. Esta iniciativa enmárcase no programa europeo EFFESUS -Eficiencia enerxética para a sostibilidade dos centros históricos europeos-. O Consorcio é un dos 23 socios deste...