CENTROS SOCIOCULTURAIS
"As uvas da ira", de John Ford, abriron a segunda edición de Compostela Cine Classics
A proxección do filme As uvas da ira, de John Ford, e o posterior coloquio co director e guionista Jorge Coira abriron a segunda edición do ciclo Compostela Cine Classics. O concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e o director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, asistiron a este primeiro pase.
DEPORTES
O ciclismo de competición volve a Santiago grazas á segunda etapa da Volta a Galicia
O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a segunda etapa da XII Volta Ciclista a Galicia, con saída e chegada en Santiago este sábado, 14 de setembro. Serán 149 quilómetros os que levarán os corredores ata a meta situada na avenida de Xoán Carlos I.
CULTURA
Rober Bodegas, Víctor Fábregas, Berto Romero, Alberto Casado, Leo Harlem e Dani de la Cámara, novas citas de Falabaratos
O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou a programación do ciclo Falabaratos para o último cuadrimestre do ano. Nel teremos figuras recoñecidas como Rober Bodegas, Víctor Fábregas, Berto Romero, Alberto Casado, Leo Harlem e Dani de la Cámara. O ciclo establece ademais dúas colaboracións con outros ciclos asentados: con Noites de Retranca e nace así o Noites de Retranca scq 2 (xa que é a segunda vez que se colabora, onde estarán Bodegas e.../em>
ALCALDÍA
O Festival Peregrinos Musicais convoca por terceiro ano os novos talentos musicais de Galicia e de Rusia
As novas promesas musicais de Galicia e de Rusia son as protagonistas da terceira edición do Festival Peregrinos Musicais, unha iniciativa promovida pola Asociación Peregrinos Musicais co apoio do Concello de Santiago e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
TURISMO
Turkish Airlines pasará de tres a sete frecuencias semanais na conexión entre Santiago e Estambul
Turkish Airlines ampliará de tres a sete frecuencias semanais a súa conexión entre Lavacolla e o seu hub de Estambul a finais de outubro, segundo lle confirmaron ao alcalde de Santiago, Ángel Curras, e á concelleira de Turismo, Reyes Leis, os responsables da compañía turca en Xapón nunha xuntanza que mantiveron na Jata, a feira turística máis importante de país. A conexión diaria será cun avión de 180 prazas, un aumento significativo respecto do modelo de 132 prazas pensado orixinalmente para...
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música supera xa os 400 alumnos no inicio do curso 2013-2014
O luns 16 de setembro, ás 19:30 horas, a Escola Municipal de Música inaugurará o curso 2013-2014 cun acto no que participarán profesores e familias. A concelleira de Educación, María Castelao, asistirá a este evento de apertura.
TURISMO
O Instituto Cervantes de Lyon acolle unha exposición fotográfica sobre as 13 cidades Patrimonio da Humanidade de España
O sábado 14 de setembro abrirase ao público na sede do Instituto Cervantes en Lyon a exposición Cidades Patrimonio da Humanidade. 13 xoias de España, unha mostra producida polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España que ofrece, a través dun percorrido por 52 fotografías, unha suxestiva visión dos recunchos, edificios e lugares máis significativos das 13 cidades incluídas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO: Alcalá de Henares, Ávila, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa,...