CENTROS SOCIOCULTURAIS

Ruta micolóxica polo Tambre

14/06/2013

O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha nova xornada dedicada ás setas o sábado 15 de xuño. Está organizada pola Asociación Micolóxica Pan de Raposo e a Concellería de Centros Socioculturais.

Leer más

OBRAS E BRIGADA

O Concello acomete a reparación de rúas do Ensanche e do Campus Sur

14/06/2013

O concelleiro da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, deu conta do próximo inicio das obras de reparación das rúas do Ensanche e do Campus Sur. As obras no Ensanche foron adxudicadas por 124.924 euros e teñen un prazo de execución de 60 días. Beneficiarán de forma integral a sete rúas, pero tamén se actuará no resto de vieiros.

Leer más

EDUCACIÓN

A Escola Municipal de Música pechou o curso no Auditorio de Galicia cun musical de bandas sonoras de Disney

14/06/2013

A Sala Brage do Auditorio de Galicia acolleu o Festival Fin de Curso da Escola Municipal de Música de Santiago, coa posta en escena dun musical titulado Todo Disney. Familias e público en xeral puideron gozar nesta sesión especial dunha visión de conxunto do traballo realizado no centro. A concelleira de Educación, María Castelao, asistiu á representación.

Leer más

SANIDADE

O cans do Refuxio de Bando peregrinan para promover a adopción

14/06/2013

Por cuarta vez, os cans residentes no Refuxio de Bando, xunto con voluntarios e padriños realizarán a última etapa do Camiño de Santiago, para dirixirse logo ao Parque de Belvís. Alí, como novidade e no marco da Romaría Pop, haberá unha Pasarela de Adopción dos cans participantes e un posto informativo.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O sorteo de adxudicación de prazas das "Mañás de verán e de xogo" realizarase o martes 18 de xuño

14/06/2013

Rematado o 11 de xuño de 2013 o prazo para presentación de solicitudes de preinscrición nas actividades Mañás de verán e Mañás de xogo, atendendo aos criterios establecidos nas bases de participación -condición de empadroamento, cumprimento da idade establecida e prioridade ás solicitudes de participación por mes completo, xa son públicos os listados de admitidos definitivos, excluídos e a sorteo nas distintas actividades. O sorteo para a adxudicación das prazas...

Leer más
Compartir: