CULTURA

Xoel López pecha a temporada do ciclo Íntimo & Acústico no Teatro Principal

13/06/2013

Xoel López presenta o seu novo disco Atlántico nun concerto no Teatro Principal. Será o venres 21 de xuño, ás 21:00 horas, pechando a temporada do ciclo Íntimo & Acústico. Abrirá a velada David Quinzán, músico habitual de Xoel López e Álex Ferreira. As entradas está á venda a 12 euros e 10 euros na billeteira do Teatro Principal, en entradas.novagaliciabanco.es e no teléfono 902 434 443.

Leer más
Compartir: