COMERCIO
A artesá Ana Serra deseñará a peza que recibirán os galardoados nos Premios do Comercio Compostelán 2013
Unha peza denominada "Rollo", da artesá Ana Serra, foi a elixida para ser entregada aos gañadores dos Premios do Comercio Compostelán 2013. Para o deseño desta figura conmemorativa convocárase un concurso dirixido aos artesáns composteláns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
DEPORTES
Últimos preparativos da I Compostela BTT, marcha cicloturista de 50 quilómetros polos arredores de Santiago
Séguense ultimando os últimos detalles da I Compostela BBT, que se celebrará o domingo 12 de maio a partir das 9:30 horas. Con tal fin, reuníronse en San Lázaro o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, e representantes do Club BTT Ultreia e de Protección Civil. O prazo de inscrición para esta proba remata o xoves 9 de maio. Pode realizarse en www.magmasports.es.
MOBILIDADE
O Concello pon en marcha a oitava zona de estacionamento de residentes en Pelamios
O concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Luis Bello, acompañado da presidenta da Asociación de Veciños As Brañas de Andrés, Dolores Alende, da posta en marcha duna nova zona estacionamento para residentes. Será na zona de Pelamios, Salvadas e Vista Alegre. Os residentes e comerciantes poden xa solicitar as súas tarxetas a partir do luns 6 de maio.
ALCALDÍA
Xunta e Concello perfilan o convenio para a execución da EDAR do Souto
Concello, Xunta de Galicia e Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente seguen a traballar de xeito coordinado para axilizar a actuación da nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) do Souto. Superado o trámite de impacto ambiental, estase a avanzar para asinar o convenio entre as tres administracións para a execución da infraestruturas. Así se constatou na reunión mantida en Raxoi polo alcalde, Ángel Currás, e a concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, co conselleiro de Medio Ambiente,...