CULTURA

Teatro clásico e contemporáneo en abril

02/04/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou presentou a programación de teatro do mes de abril, acompañado por Fran Godón e Nelson Quinteiro. O calendario inclúe catro obras: Faust box, Master class cabaret, Bodas de Sangre e Snaquizados.

Leer más

URBANISMO

A reurbanización da rúa de San Pedro colocará a calzada e as máis amplas beirarrúas ao mesmo nivel

02/04/2013

Os concelleiros de Urbanismo, María Pardo, e da Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, presentaron o proxecto de reurbanización da rúa de San Pedro, para o tramo comprendido entre a Porta do Camiño e a praza de San Pedro. A obra contempla como principais novidades a situación da calzada e das beirarrúas nunha sección única, limitando o ancho da primeira e ampliando o espazo para o tránsito peonil.

Leer más

CULTURA

Pradairo presenta "Pateado" en Sons’13

02/04/2013

O ciclo Sons’13 trae ao Teatro Principal a Pradairo, que presentarán o seu traballo Pateado o sábado 6 de abril ás 20:30 horas. As entradas, a 5 euros, están á venda na billeteira do propio recinto do concerto, aberta de martes a sábado, máis os días de evento, de 18:00 a 21:00 horas.

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Segunda xornada do curso de lingua CELGA 3

02/04/2013

O curso de lingua galega CELGA 3 que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística comezo este luns no Edificio Administrativo de San Lázaro (CERSIA). Nesta segunda xornada, os alumnos recibiron a visita da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Leer más
Compartir: