BENESTAR SOCIAL

Continúan os obradoiros de cociña económica do Urbana Santiago Norte

17/04/2013

O Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte-Servizos Sociais está a realizar unha serie de obradoiros no Centro Comunitario Xoán XXIII. Esta iniciativa, encadrada no programa Actíva-T, consiste na posta en marcha de varias sesións formativas con temáticas diferentes. Así, unha das propostas é á elaboración de pratos de cociña económicos. A concelleira de Benestar Social, María Castelao, visitou os 12 participantes neste obradoiro.

Leer más

EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O programa "O conto viaxeiro" estimulará a creatividade e o emprego do galego entre os escolares composteláns

17/04/2013

As concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao, presentaron o programa O conto viaxeiro, que se desenvolverá ao longo do mes de maio en varios centros escolares. Tras o éxito da primeira edición, celebrada en varias parroquias, o proxecto permitirá agora aos escolares ir construíndo a súa historia ao longo de dez sesións. Os centros educativos teñen ata o 26 de abril para inscribirse na iniciativa.

Leer más

PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Aberto ata o 26 de abril o prazo para solicitar a colaboración municipal nas festas patronais dos barrios e parroquias

17/04/2013

Cando se achega o tempo das festas patronais é momento de continuar co compromiso municipal coas asociacións de veciños. Por iso, a Área de Participación Cidadá retoma a colaboración coas mesmas con motivo das festas populares de barrios e parroquias de Santiago de Compostela, tanto con actividades como cunha axuda para a instalación de carpas.

Leer más

CULTURA

Función familiar de "Frankenstein", de Teatro dos Ghazafelhos

17/04/2013

Que se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas? Quizais algo que non quere ser descuberto ou, quizais, algo que está a esperar a que o descubran? Frankenstein é unha aventura nas entrañas dun castelo onde dous científicos, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío, investigan se o lendario monstro Frankenstein existe ou non, e para iso cóanse dentro do castelo un día de tormenta e alí atopan a Igor, un estraño personaxe chepudo. Esta función de teatro infantil chega ao Principal o domingo 21 de...

Leer más

CONSORCIO

A Casa do Cabido acolle unha mostra sobre a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e a Exposición de 1858

17/04/2013

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, acompañado do vicepresidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, Francisco Loimil, inaugurou a exposición A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela e a Exposición de 1858, no edificio da Casa do Cabido. Con esta mostra continúa o programa cultural neste emblemático edificio barroco destinado a uso público e xestionado polo Consorcio de Santiago.

Leer más

ECONOMÍA

Ábrese o prazo de inscrición no curso "Só podes quedar ti. Líderes en loita"

17/04/2013

A Concellería de Economía, dentro do programa Santiago Investors Support para fomentar o tecido empresarial e a cultura emprendedora da cidade, organiza o curso Só podes quedar ti. Líderes en loita, dirixido a persoas emprendedoras, traballadores en activo do tecido empresarial de Santiago, persoas desempregadas e estudantes.

Leer más
Compartir: