BENESTAR SOCIAL

Os nenos do CEIP de Vite prepararon o Entroido cos avós nun taller interxeracional

08/02/2013

O CEIP de Vite acolleu o desfile de disfraces e a entrega de premios ás mellores máscaras realizadas no obradoiro Preparando o Entroido cos avós e coas avoas, actividade interxeracional organizada polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte xunto coa dirección e profesores do centro. O concelleiro Albino Vázquez asistiu ao evento.

Leer más

CULTURA

Voadora presenta a estrea absoluta de "Waltz" dentro do ciclo Teatro & Danza

08/02/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, e os membros da compañía Voadora José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres presentaron en rolda de prensa Waltz, obra que se estreará dentro do ciclo Teatro & Danza o xoves 14 de febreiro na Zona C de Bonaval. Haberá funcións de novo do 15 ao 17 e do 21 ao 24 de febreiro, sempre ás 20:30 horas, agás os domingos, que será ás 19:30 horas. As entradas, a 8 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a...

Leer más

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Normalización Lingüística imparte cursos preparatorios para os niveis CELGA 1,2, 3 e 4

08/02/2013

A Concellería de Normalización Lingüística abre un prazo de preinscrición para persoas interesadas en asistir aos cursos de lingua galega preparatorios para os niveis CELGA 1, 2, 3 e 4, que se iniciarán no edificio administrativo Cersia (San Lázaro) o 11 de marzo. O prazo de inscrición estará aberto do 12 ao 15 de febreiro, e os interesados deben formalizar a mesma no Rexistro Xeral do Concello.

Leer más

CULTURA

"Ñam!" e "Fantasía animada", teatro e música para nenos na fin de semana

08/02/2013

Esta fin de semana vén cargada de programación que ofrece o Departamento de Cultura para adultos como para os máis pequenos. O sábado 9, Caramuxo Teatro representa na Zona C Ñam! en dúas funcións: 17:30 e 19:00 h; e ás 21:00 h no Teatro Principal teremos un novo pase de Luminosa nostalgia, de Sudhum Teatro. O domingo, ás 12;30 h, temos unha cita coa Banda Municipal de Música, que ofrece un concerto especial de Entroido, Fantasía animada. Pecha a programación da fin de semana a...

Leer más
Compartir: