DEPORTES

Santiago acolle esta fin de semana a proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo

27/02/2013

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo (IV Memorial Eulo Albert), que se disputará nos circuítos habilitados no Monte do Gozo e no Estadio de San Lázaro o sábado 2 e o domingo 3 de marzo. Máis de 200 pilotos participarán nesta competición, que Santiago acolle por primeira vez.

Leer más

COMERCIO

Santiago conta con 3.879 locais comerciais, dos que 2.706 teñen actividade

27/02/2013

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada da técnico responsable de Comercio, Lucía Castro, e de Roi Fernández, da empresa Mantelnor Servizos Especializados, presentaron no Pazo de Raxoi un avance do Censo de locais comerciais, que o Concello está elaborando para coñecer con precisión a situación dos locais comerciais, o seu número, as súas características, se están ocupados ou non e, nos casos nos que están sen ocupación, cales son as causas.

Leer más

CULTURA

The New Raemon e Ruben Pozo, dúas novas propostas do Intimo & Acústico na Zona C

27/02/2013

Tinieblas, por fin, de The new Raemon, é o resultado de varias tensións superpostas e é sobre todo Ramón mirándose ao espello e mirando ao exterior, un traballo do que poderemos disfrutar o xoves día 28, ás 21:00 horas, na zona C, dentro do ciclo Íntimo & Acústico. E xa o mércores 6 de marzo, tamén ás 21:00 horas, Rubén Pozo presenta Menos es más.

Leer más
Compartir: