ECONOMÍA

O Concello elabora oito estudos de mercado en barrios do Urbana Santiago Norte para fomentar o emprendemento

25/02/2013

A concelleira de Economía, Reyes Leis, acompañada da responsable da Economía do Concello, Carme Casado, e Modesto Gómez e Laura Brenlla, da empresa Enxeño Galicia, presentaron a principal ferramenta de información sobre emprendemento do Urbana Santiago Norte, proxecto cofinanciado polos Fondos Feder da Unión Europea, que ten por obxecto a posta en marcha dunha estratexia integral de rexeneración urbana nos barrios da zona norte para equilibralos co resto da cidade.

Leer más

CULTURA

"Aneis", "Dessassosego" e "O asombro", tres Escenas Poéticas para a Zona C

25/02/2013

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou as representacións de Escenas Poéticas, tres pezas que abranguen o teatro de obxectos, danza e cabaré especialmente pensadas para a Zona C. Estivo acompañado de representantes das tres compañías que protagonizan as tres propostas: Branca Novoneyra ("Aneis"), Iria Pinheiro de DandyLady ("Dessassosego") e Inacio Vilariño de Fantoches Baj ("O asombro").

Leer más

FACENDA

Últimos días para que os cidadáns se acollan ao pago fraccionado do IBI

25/02/2013

A concelleira de Facenda, Cecilia Sierra, informou sobre a solicitude do pago fraccionado do IBI e animou aos cidadáns a aproveitar os últimos días para elixir esta alternativa, que permitirá sufragar o imposto en tres prazos. O último día para solicitar este pago fraccionado é o xoves 28 de febreiro.

Leer más
Compartir: