CONSORCIO

Unha nova publicación do Consorcio afonda na historia compostelá do XIX a partir da visita de Isabel II en 1858

13/02/2013

O alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presentou o libro A visita de Isabel II a Galicia en 1858, de Margarita Barral, editado polo Consorcio e a editorial Sotelo Blanco. Esta nova publicación afonda na historia compostelá do século XIX, analizando una acontecemento relevante como foi a visita real a Galicia de 1858. Este feito concreto serve para falar no concepto de "nation building", que dende comezos do século XIX os gobernantes españois querían introducir entre a poboación.

Leer más

CULTURA

Voadora presenta a estrea absoluta de "Waltz" dentro do ciclo Teatro & Danza

13/02/2013

Voadora (José Díaz, Marta Pazos e Hugo Torres) ofrecen a estrea absoluta de Waltz, dentro do ciclo Teatro & Danza, o xoves 14 de febreiro, na Zona C de Bonaval. Haberá funcións de novo do 15 ao 17 e do 21 ao 24 de febreiro, sempre ás 20:30 horas, agás os domingos, que será ás 19:30 horas. As entradas, a 8 €, poden mercarse na billeteira do Teatro Principal (aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas) ou na propia Zona C os días de evento a partir das 18:00 horas.

Leer más

CULTURA

Love of Lesbian ofrece dous concertos en Compostela coas entradas xa esgotadas

13/02/2013

Love of Lesbian, un dos grupos máis importantes do indie español, chega a Santiago de Compostela facendo unha das paradas na súa xira de inverno, para presentar o seu último traballo e como única data en Galicia. Será na Sala Capitol o xoves 14 e de novo o venres 15. Houbo que aumentar unha data ao esgotarse rapidamente as entradas para a primeira e, de novo, volveron esgotarse, polo que xa non quedan entradas para estes concertos. A xira estaos a levar por toda España e nela ofrecen o seu novo espectáculo dúas horas e media...

Leer más

PREMIO

Un proxecto do IES San Clemente obtén un dos primeiros premios europeos eTwinning

13/02/2013

O Departamento de Cultura colaborou co IES San Clemente nun proxecto de colaboración escolar en Europa. Esta iniciativa, na que os profesores Marcos Vence e Xosé G. Ucha e nove alumnos participaron durante tres anos acaba de gañar o Premio Europeo eTwinning 2013 na categoría de alumnado de 16 a 19 anos. O resultado final é un libro de banda deseñada, feito por varios centros europeos, publicado en todas as linguas destes.

Leer más

PREMIO

Down Galicia recibe en Santiago o primeiro galardón dos Premios de Voluntarios BBVA

13/02/2013

Os Premios de Voluntarios do BBVA, que este ano celebran a súa sexta edición, recoñeceron o labor da Federación Down Galicia, outorgándolle o primeiro galardón, dotado con 40.000 euros. Esta institución ten a misión de facilitar a inclusión sociolaboral das persoas con discapacidade intelectual, especialmente con síndrome de Down, no mercado de traballo, a través das prácticas formativas nas oficinas de BBVA.

Leer más
Compartir: