ALCALDÍA

A Fundación Amigos de Galicia informou ao alcalde sobre o seu labor de atención social a familias sen recursos do municipio

09/01/2013

O alcalde compostelán reuniuse con representantes da Fundación Amigos de Galicia, presidida por Luís Rial Suárez. Este explicoulle a Ángel Currás a situación xeral das familias ás que atenden en Santiago e no seu entorno e solicitoulle a colaboración dos servizos sociais do Concello para un mellor control e detección das persoas sen recursos e con necesidade de axuda.

Leer más

CIDADE HISTÓRICA

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico abordará as obras previstas no estanque da Alameda e no Hostal dos Reis Católicos

09/01/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, informou dos asuntos tratados na Comisión Asesora de Patrimonio Histórico, celebrada na Capela de Raxoi. Na orde do día figuraban actuacións como as obras no estanque da Alameda ou na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos. Ademais, dada a maior carga de traballo que ten a Comisión, proporanse reunións quincenais, fronte ás mensuais que se viñan celebrando ata agora.

Leer más

CULTURA

El Columpio Asesino inaugura a programación do Compostela Rock 2013 co final da xira "Diamantes"

09/01/2013

O ciclo Compostela Rock foi unha das novidades en 2012 do Departamento de Cultura e, tras o seu éxito, celébrase de novo neste 2013. O primeiro dos concertos será o de El Columpio Asesino, o xoves 10 de xaneiro, na Sala Capitol, a partir das 21:30 horas, no que será o final da súa xira Diamantes. As entradas poden mercarse, a 12 € anticipada (15 € billeteira), no Principal, en Ticketmaster, en www.salacapitol.com e en A Reixa Tenda. Despois deles, en xaneiro estarán Schwarz e Músculo!,...

Leer más

FACENDA

O pago fraccionado dos recibos do IBI pode solicitarse ata o 28 de febreiro

09/01/2013

A Concellería de Facenda informa da posibilidade que teñen os contribuíntes composteláns de efectuar o pago fraccionado dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), un sistema que se implanta por primeira vez neste ano 2013. Precisamente, para este exercicio, con carácter excepcional, pódese solicitar este pago fraccionado ata o 28 de febreiro.

Leer más
Compartir: